lunes, 26 de mayo de 2008

Incumprindo a Lei e os Estatutos

A Consellería do Medio Rural remite todo los anos ás comunidades de montes, unha carta para lembrarlles que se aínda non o fixeron, o 1 de maio é a data tope para entregar na súa Delegación o censo de comuneiros actualizado anualmente.
En Nebra o último censo foi actualizado en xaneiro de 2007, cando exercía de secretario, estamos a 26 de maio, aínda non se nos convocou a unha asemblea para actualizalo e cando se convoque, xa superaremos con creces o ano, posto que a convocatoria debe facerse como mínimo con 10 días de antelación.

Qué di a Lei de Montes?
Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.
Artigo 60.- Remisión de estatutos.
Dos estatutos remitiranse ó Rexistro Xeral a través da sección provincial, orixinal e copia asinados polo presidente e secretario da xunta reitora; a composición desta tamén se fará constar mediante certificación do libro de actas correspondente, así como certificación de que foron aprobados pola asemblea cos requisitos e formalidades legais. Ós estatutos xuntarase copia auténtica do libro de rexistro de comuneiros, que se actualizará no mes de xaneiro de cada ano.

É os os Estatutos?
Art. 8º.- Corresponde a la Asamblea General:
- La ratificación o revisión de las admisiones y bajas practicadas anualmente, con caracter provisional, por la Junta Rectora.
Art. 10º.- Son funciones de la Junta Rectora:
- La elaboración anual del censo de comuneros con expresión de altas y bajas, sin perjuicio de la aprobación definitiva por la Asamblea General.

Nun ano só se convocou unha asemblea, a pesar de que a Xunta Reitora estaba ilegalmente constituída ao acaparar o presidente, tamén o cargo de secretario.
Agora encontrámonos con este outro incumprimento da Lei, os Estatutos e coa petición feita en xaneiro polo alcalde á comunidade (segundo o BNG), para unha cesión da antiga canteira de Nebra.

Non foron argumentos válidos para convocar en tempo e prazo, unha asemblea extraordinaria?

Agardemos que non pase o mesmo coa asemblea ordinaria, que por Lei corresponde no mes de xuño.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.