martes, 20 de mayo de 2008

Quen defende á comunidade?

De que vale abrir novas pistas se despois non se realiza un seguimento e mantemento das mesmas. Esta en concreto enlaza coa que se abriu nas propiedades que denunciei na anterior entrada, e cruza a barriga do Iroite, podendo baixar logo a Queiro ou ir cara ás aldeas do monte.


Reparala tería un custo cero, xa que para iso só había que facerlle cumprilo contrato á empresa que-lle cedemos a canteira de Cadeiras para depositar nela a pedra dun desmonte en Portosín. Unha das cláusulas consistía en por a dispor da comunidade unha pala tres días para reparar pistas.


Tamén poden comprobar como a está desfacendo a auga por culpa dos desmontes feitos polos tractores que retiraron madeira e que unha vez rematado o traballo, non repuxeron ou habilitaron as canalizacións de pluviais tal é como era a súa obrigación


Neste caso actuando a tempo i esixíndolles as responsabilidades oportunas, poderíase evitala desfeita, pero cando pase o tempo e xa ninguén lembre disto, unha vez máis a comunidade terá que facer fronte aos gastos de mantemento e todo pola desidia da xunta reitora.
Algo tamén denunciable é permitir ás empresas arrasar coa madeira sen que antes os comuneiros e comuneiras fagamos un aproveitamento dela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.