domingo, 9 de noviembre de 2008

A tala masiva de pinos por parte dos comuneiros de Santa Cruz troca o paisaxe de A Curota

Onte podíase ler en La Voz de Galicia esta noticia: A tala masiva de piñeiros por parte dos comuneiros de Santa Cruz cambia a paisaxe da Curota

É sabido que as comunidades de montes son soberanas dos seus montes, pero entre esa soberanía e o razoamento hai unha limite.
A pesar de que o presidente da comunidade de montes de Santa Cruz de Lesón diga:
«...que, antes de poñerse a talar de forma masiva, esgotaron outras vías. De feito, incluso cita un estudio que encargaron a universidade. «Informámonos ben, pero dixéronnos que os exemplares estaban caducados e que o único que se podía facer era talalos».
Coido tamén que ben puideron tomar outras medidas menos agresivas tal é como indicaban outras comunidades e gandeiros:
«...que lo mejor hubiese sido cortar poco a poco los pinos, incluso dejando meses o años de por medio, para que diese tiempo a repoblar y que el impacto visual de la tala no fuese de tanto calado».
Convén non esquecer que debido a altitude dese monte, facendo unha tala menos agresiva, as novas plantas estarían máis protexidas e daríaselle tempo a aclimatarse antes.

Ao ver o paisaxe tan desolados, somos bastantes os que pensamos que leva á Administración a permitir semellante tala. A súa resposta non deixa de soar a desculpa e mentiras: .
«...fuentes del distrito forestal explicaban que, aunque en mano común, el monte donde se cortaron los árboles es privado. Ádemas, se da la casualidad de que la comunidad de Santa Cruz no está conveniada con la Xunta para gestionar conjuntamente el territorio. Por lo tanto, lo que suceda con los pinos es decisión del colectivo».
Mentira, saben perfectamente que calquera propietario ten que solicitar antes permiso para talar arbores, ou do contrario carrearalle unha sanción.

Mentira, porque a falta de confirmación oficial e referente á entrada expropiación ilegal, foi a Consellería do Medio Rural a que abriu a pista nas propiedades privadas e no monte comunal, que agora tentan xustificar grazas á xunta reitora que presenta actas falseadas e posteriores aos feitos.

No hay comentarios: