domingo, 22 de febrero de 2009

Local veciñal, de amigos ou do Bloque?


Hoxe atopeime con este cartel anunciando un mitin no noso local, o mesmo que se lles nega aos xoves de AFUNE (Asociación polo Futuro de Nebra), fillos de comuneiros e comuneiras de pleno dereito na comunidade ou se-lles esixen condicións non adecuadas aos seus actos, por parte do presidente.

Aparte deste acto enriba anunciado, xa se levaron a cabo outros, como foi un curso para manipulación de herbicidas (os asistentes tiveron que pagar unha cota para o exame), un curso de poda, unha reunión da Delegación de Medio Rural e actualmente, realizase algún curso máis.

Á vista disto non entendo que, para eses eventos si se de permiso, e á citada Asociación se lles negue.

Nunha ocasión o tesoureiro aduciulles que hasta que estivese terminado non se podían autorizar o seu uso e noutra é o presidente o que lles argumenta que non necesita papeis: presta as chaves para o acto coa condición de que, de chegar o día solicitado e a Xunta Reitora necesitalo, deberían trasladar o acto ao sóutano -non está adaptado-.

Dado que as solicitudes facíanas coa suficiente antelación para no interferir no normal desenrolo da comunidade e ademais, como se reflexa nelas, só pretendían facer unha exposición, non resulta coherente a explicación do presidente, e a ilóxica resposta do tesoureiro.

1 comentario:

  1. i eu me pregunto: acaso o presidente da comunidade ten preferencia para poder organizar algúns actos e deixar de lado outros...ou guiasé polos seus ideais e establece a cor dun partido político determiñado antes que ofrecer respostas e benestar a xente de nebra?

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.