domingo, 29 de marzo de 2009

Asemblea da Organización Galega de Comunidades de Montes

No incomparable marco do Mosteiro de San Rosendo de Celanova (Ourense), a Organización Galega de Comunidades de Montes na que Nebra esta adscrita, celebrou a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Previa consulta á súa Xunta Reitora e resposta dos seus directivos, acudín en calidade de comuneiro. A asemblea comezou as 10:30 da mañá e rematou as 14:00. A única representación de Nebra chegou ao fío das 12 do mediodía.

Todo o relatado é froito dos meus apuntes. Pido desculpas se a fiabilidade non é do 100 %. Debido á falta de micro no público e os fallos do son da mesa, pode haber datos imprecisos ou incorrectos.
A ter en conta que isto é unha mera información, a oficial será aportada por la Organización, se ten a ben a nosa Xunta Reitora pasala.

O comuneiro que queira informarse de como funciona a Organización Galega de Comunidades de Montes pode visitala súa web: http://orgaccmm.org

Orden do día

1.- Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2.- Altas e baixas.
3.- Informe de xestión, e aprobación, se procede.
4. a). Estado de contas, e aprobación, se procede.
b). Proposta de cota 2009, e aprobación, se procede.
5.- Campaña para a devolución dos montes veciñais pendentes de elo.
6.- Campaña para solicitar a convocatoria de elección do representante das comunidades de montes no Xurado Provincial de Ourense.
7.- Proposta para a creación de parques intermedios para a venta de Madeira.
8.- Constitución da comisión Organizadora do IV Congreso Galego de Comunidades de Montes.
9.- Propostas e preguntas.

1º.- Aprobase por unanimidade.

2º.- Informase dunha baixa e varias altas, que se aproban por unanimidade.

3º.- Aprobase por unanimidade e o presidente fai unha retórica, no senso de que as accións da Organización centranse demasiado na provincia de Pontevedra en detrimento das outras, quizais segundo el, en que é en esta onde hai unha maior conciencia do sentir comuneiro. Di que en Pontevedra se fixeron máis cursos na formación de comuneiros e membros das xuntas reitoras. Pide de novo a implicación de toda las comunidades e que un bo momento era agora, coa preparación do IV Congreso da Organización.< Tamén explicou o intento da Xunta de Galicia de plantar arbores coa soa finalidade de usalos como biomasa, algo ao que se opuxeron.

4º.- Aprobado por unanimidade. Dase conta entre outros ingresos, que Caxainova colabora con 200 € coa homenaxe aos Mártires de Sobredo. Das 126 comunidades adscritas, están ao día nos seus pagos sobre 80, algunha no paga debido a que non dispón de fondos e polo tanto, están excluídas. Unhas 60 son colaboradoras ou simpatizantes. Unha comunidade propón que as comunidades deberían declarar as súas Has. para desta forma saber quen pode pagar máis ou menos. O presidente di que non lle parece ben, que a Organización non naceu para fiscalizar as comunidades e que estas son libres de actuar sen imposicións da Organización. Querese seguir coa actual cota de 130 € e unha comunidade propón para equilibrar gastos e ingresos, aumentala. Informase que o desfase nas contas deste ano, é debido a que aínda non se contabilizaron os ingresos pendentes das subvencións a cobrar e tamén que varios membros da Xunta Reitora anticiparon o diñeiro para facer fronte aos pagos dos cursos. A Comunidade de Xuño (Porto do Son) intervén para preguntar, a que fora debido o desfase en contra entre o ingreso e o pago das comidas na anterior asemblea? O tesoureiro di que o servizo foi un catering e que tiveron que pagar todo los pratos encargados, que faltou xente inscrita e que por outra parte, ao igual que fan a onde van invitados, sempre se paga a comida dos invitados. O desfase foi de 4 comidas, 120 €. Opinase que co novo goberno na Xunta de Galicia, vai a haber menos axudas de cara a subvencións tal e como pasou en anteriores lexislaturas.

Nota do autor: Non é unha crítica, é unha opinión persoal, pero creo que a veces debemos ser un pouco máis comedidos cando tocamos política. Suponse que na Organización participa xente con variada ideoloxía. Coidoo que debemos dar unha marxe de confianza as novas autoridades e tempo teremos a criticar se non o fan ben.

San Estebo de Parga propón subila cota a 150 € e Xuño (Porto do Son), vai a máis ao pedir que paguen as comunidades que no o fan, excepto as excluídas. O presidente di que lle gustaría que así como hai debates co tema das contas, que os houbese tamén noutros puntos. Xorde de novo o intento de que as comunidades paguen en relación as Has. O presidente replica de novo que a cota debe ser única para todos e pon de exemplo, que se unha comunidade traballa o monte e outra non o fai, o normal é que a primeira teña mellores ingresos.< Sometese a votación as dúas propostas: 150 € obtén 11 votos. 130 € obtén 20 votos. Hai 2 abstencións.

5º.- Aprobase por maioría despois das explicacións dadas por la recen elixida vocal no Xurado Provincial de A Coruña. Calculase que actualmente hai sobre 400.000 Has. de monte comunal sen clasificar e que mentres no estean clasificados, non se poden considerar comunais e que moitos deses montes están aínda en mans dos Concellos e que non fan nada incluso cando veciños, inmobiliarias e outros grupos se van apoderando pouco a pouco deses terreos. Tamén di que non queren clasificar montes de menos de 1 Ha. e que nalgúns casos, son os Concellos os que se opoñen.

6º.- Aprobado por unanimidade. O presidente explica que a administración está actuando prácticamente de oficio en moitas comunidades que manteñen o Convenio e di que iso non é o correcto, que son as comunidades as que deben decidir e aprobar nas súas asembleas o que se debe facer nos sus montes. Esto ven a ratificar o que denuncie nunha entrada, onde Medio Rural en conveniencia con algúns directivos da nosa comunidade abriron ilegalmente esta pista.

7º.- Aprobase por unanimidade e informase de que a administración non estivo pola labor de crealos parques de madeira, algo que os madereros vían con bos ollos. Pretendese crear dous parques deste tipo.

8º.- Pídese a implicación dos comuneiros na preparación do IV Congreso da Organización e Nebra pregunta se se poden inscribir comuneiros que non sexan directivos. Din que si e tamén se fala de aproveitar o plan LEADER para clasificalos lindes onde no estean claros.

9º.- Criticase os plans de personaxes que se posicionan a prol de que os montes volvan a pasar aos Concellos: Faro de Vigo. Redondela pide o apoio da Organización para posicionarse na contra da intención da COTOP de construir unha nueva autovía A57 de Redondela ao Confurco. Aprobase por unanimidad facer un manifesto i entregarlo á prensa. Catro años despois volvese a propor de novo insistir en pedir la derogación do Imposto de Sociedades e pidese falar co PP, PSdeG e BNG, para facer un fronte común no Parlamento español. Unha comunidade propón a creación de catro vicepresidencias, unha por provincia para dar máis vida á Organización, para unha maior representación e que poidan ter unha reunión mensual. O presidente propón que presenten un escrito e o pasen á Xunta Reitora, para poder levalo a unha nova asemblea, xa que dita proposta implicaría o troco de estatutos. Outra comunidade explica que ten problemas para optar as subvencións da Concellería de Medioambente, porque lles piden que teñen que declararse Sociedade Protectora de Medioambente e o presidente di que nalgúns casos hai que estar rexistrados.

Sen outros asuntos que tratar, rematou a sesión.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.