jueves, 23 de abril de 2009

É triste!!!


É penoso que por medios alleos á Comunidade teña que descubrilo que "cociña" a nosa directiva.

Primeiro:
No pleno do pasado 28 de marzo escóitolle a un concelleiro do Bloque, que as comunidades adscritas á Mancomunidade da Serra do Barbanza (creo que Nebra o esta) habíanse adherido a Tamaria. Quen desexe ler o borrador da acta do pleno, pode facelo no Concello.

Que saiba, a día de hoxe Nebra non aprobou adherirse e coido que nin tan sequera se levou a unha asemblea. Se só o aprobou a Xunta Reitora, é ilegal, se posteriormente non foi ratificado pola Asemblea Xeral.

Os directivos deben estudar un pouco mais os estatutos, que para iso lles dei unha copia a cada un no seu día.

Segundo:
Acabo de recibir o folleto municipal de información local SONoticias. Na paxina 3 titulo Arquitectura da Auga de Nebra, leo:

A Comunidade de Montes de Baroña (supoño que é un erro tipográfico, debería dicir Nebra, se non estou metendo a pata) e o Concello de Porto do Son chegaron a un acordo para coedita-lo libro "Arquitectura da Auga de Nebra, de José Suárez Caamaño. Tampouco teño coñecemento de tal acordo e non lembro que se aprobase.

En Nebra esta visto que as persoas e asociacións que comulgan con rodas de muíño, tiveron o que quixeron con outras directivas e agora con esta. Inclusive recibir subvencións sen que houbese quórum onde se ían debater.

Mentres tanto, o único comuneiro que loitou cos seus cartos para que o solar onde hoxe temos o local fose de todos e todas, agarda dende o ano 1996 para que lle paguen os gastos aprobados na Asemblea Xeral do 14 de febreiro de 1998, aínda que non era preciso, xa que na acta do 21 de maio de 1994 quedou aprobado que tería que pagar quen mentise nesa asemblea cando presentamos o documento leira, que aínda que fora pagado con fondos comunitarios (851.000 ptas.), estaba a nome de seis directivos e rexistrado ao seu nome na oficina do Rexistro en Noia. Foi cando dun nomeado secretario, descubrín tamén que a comunidade correra cos gastos do seu rexistro (232.000 ptas.).

Curioso é, que o primeiro que se negou a pagar eses gastos sexa o autor do libro, que pretende que lle paguemos todos, e que xa editara outro sendo o presidente da Comunidade. Polo visto ten máis razón a dicir o que teño que cobrar o avogado que defendeu aos "donos da leira" (sic), cando iso en tal caso tería que dicilo un xuíz, pero tiveron anos e anos para impugnar esas asembleas, pero claro, tiñan que pagar do seu peto e foron ao económico, que pague a comunidade.

Que conste que non estou en contra dos libros e lévome ben co autor, pero o que non é de recibo é que xente allea á Comunidade recibise libros a esgalla, entre outros, oito xuntos que o presidente lle regalou a un paisano, porque se apelidaba Nebra.

Desta forma, xente non comuneira, nin tan sequera veciños, recibiron beneficios que só nos corresponden aos comuneiros e comuneiras de Nebra.

Doutra parte tampouco me estraña nada, vendo como o partido no que milita o presidente estreounos o local cun mitin, mentres o PSOE o tivo que dar nun bar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.