domingo, 5 de abril de 2009

Medio Rural denega subvención para un mirador en Marraxón (Sillobre)

Sendeiros Feneturismo

Nunha carta ao Director en La Voz de Galicia, o presidente da Xunta de Montes Veciñais de Marraxón (Sillobre), informa aos seus comuneiros a negativa de Medio Rural para concederlles unha subvención e poder realizar o ambicioso proxecto que tiñan proxectado nunha área recreativa.

Como é posible que directivos, xunta reitoras e comunidades que actúan ao marxe da legalidade consigan subvencións das administracións (Xunta de Galicia, Deputación, Concellos) ou que lles fagan pistas "gratis", como pasou en Nebra e a outras se-lles deneguen esas mesmas axudas?

Non sei se esa comunidade cumpría os requisitos para acollerse a subvencións, pero independentemente diso, parece que houbo un trato discriminatorio e de vulneración da legalidade.

Déixolles as ligazóns para que poidan comprobar o dobre raseiro que se usa cando hai un claro favoritismo ao manexar o diñeiro que é de todos

Medio Rural denega subvención para miradoiro en Marraxón: Cartas ao Director

A Xunta denega a axuda a un proxecto para repoboar monte queimado en Rianxo

Isto é para que algúns vexan claramente como actúan outras directivas para facelo mesmo que fixeron aquí, pero respectando escrupulosamente a legalidade vixente e as propiedades privadas. No sei si conseguiron os permisos, recibiron subvencións, ou Medio Rural actuou como en Nebra.

Os comuneiros de Tal solicitan o apoio veciñal para ampliar os accesos aos montes

1 comentario:

  1. Gracias por facervos eco da noticia.
    Somos unha comunidade moi pequena, o monte comunal ten so unha superficie de 25 ha e a zona é elevada e pouco fertil.
    Xa é a segunda vez que nos denegan a area recreativa e o mirador.
    A zona para o mirador é ideal cunhas vistas insuperables.
    Non temos un peso, nin ningún tipo de axuda, e no monte hai pouca madeira e por enriba agora non hai quen a queira, haberia que malvendela.
    Con decir que temos que paga-la directiva os sobres e os selos cando enviamos algunha carta.
    Este domingo imos facer unha plantación cos nenos da escola infantil de Sillobre, uns 25, e temos que andar mendigando as árbores ou ao final mas paga o propio ANPA do colexio.
    En fin, nos seguiremos intentandoo.
    Tomas Corral Vilar. Presidenteda Xunta de Montes Comunais de Marraxón

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.