miércoles, 22 de abril de 2009

O menos prezo de Medio Rural con Nebra

Recuperación dun escrito remitido polo presidente da comunidade contra unha orde da Consellería do Medio Rural, onde despois de aprobarnos unha subvención e contratala xente para dito traballo, no la negaron, sen importarlle que Nebra fose unha das comunidades mais prexudicadas do Barbanza coa vaga de lumes do 2006.

Se gobernase na Xunta xente de outra ideoloxía non se agocharía o tema e comunicaríaselle aos comuneiros, pero neste caso non interesou para nada contala verdade, xa que seria tirar pedras contra o propio tellado.

O curioso foi que un ano antes sen que houbese lumes e case a mesma cuadrilla, por primeira vez fora felicitada pola súa labor. Convén non esquecer por outra parte, que cando Medio Rural advertía do alto risco de incendios, estas tiñan que deixalos seus traballos e dedicarse a vixiar o monte, cousa que levantaba a queixa dos comuneiros que dicían que así traballaba calquera. O Falar non ten cancelas.

Outro detalle que arrastraba o sistema xa coa anterior goberno i este incompresiblemente seguiu a mesma tónica, era que:
- Se tiñan unha avaría ou falta de material, tiñan que ir os cinco, en vez de quedar catro a traballar e ir só o condutor.
- Antigamente cando a xente traballaba na forestal, levaban a comida na fiambreira (bolicos, palmazos, etc), pois agora non, á hora do bocadillo baixaban todos a por el á tenda.
- O propio Distrito era o que poñía as normas, é unha delas xa co outono avanzado, era que as cuadrillas de todas las comunidades tiñan que rotar. Mentres unhas entraban a traballar pola maña, outras facíano polo serán, xa con escasas horas de luz e polo tanto, para poder traballar.
Isto pasaba en outubro e novembro e nunca o vin ben, sei do que falo, porque o meu fillo traballou nunha, entraban as 4 e as 6, xa estaban de volta.
- E así había unha serie de prebendas que crearon escola, pero todo iso pasaba e pasa, porque aos funcionarios e aos directivos, non lles doen os cartos.

Descoñezo que pasou ao final, porque o señor presidente ao igual que me fixera outra xente que ocupou cargos na comunidade do entorno do PP, leva ano e medio sen contestarme. Nisto parece que da igual que sexan de dereitas, esquerdas ou nacionalistas.

O presidente da Comunidade de Montes de Nebra

EXPÓN:

Que, con data 20 de Marzo de 2007 foi recibida a notificación de no admisión a tramite do Expediente Nº14150037/2006, de “Axudas para a realización de traballos mecanizados de silvicultura preventiva en monte veciñais en man común” ditada pola Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.
Dita solicitude non se admite a tramite por mor de levar a cabo os traballos obxecto de axuda nunha superficie menor á esixida na Orde do 4 de abril de 2006.

Que, ao non estarmos conformes coa mesma, e acolléndonos ao establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de Novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Publicas e do Procedemento Administrativo Común, modificada pola Lei 4/1999, debemos interpor, en tempo e forma, Recurso de Alzada, que se fundamenta nos seguintes:

MOTIVOS

As hectáreas mínimas necesarias para esta axuda eran 16, máis por mor da vaga de incendios ocorridos nos nosos montes durante a campaña estival do ano pasado, so foi posible realizar traballos mecanizado en 9 hectáreas, xa que o resto estaba ardido.

Dá a impresión de que, por parte de que corresponda, non se sabe que na nosa comunidade ardeu máis do 90 % do monte, e que tampouco se sabe que a man de obra destinada para estas tarefas veuse obrigada a apagar o lume e a realizar traballos de absoluta urxencia, co que se descoidou a tarefa de silvicultura obxecto deste subvención.
Se ben non se cumpriron as 16 hectáreas de traballo mecanizados de silvicultura, parece que se esquece que, segundo o Artigo 15 da Orde do 4 de Abril de 2006, a axuda concederas "parcialmente en caso de causa xustificada de forza maior", a devastación case total do monte de Nebra polo lume e a situación catastrófica posterior débense incluír neste tipo de causas.

Unha boa parte dos traballo de desbroce que estaban xa iniciados e non estaban aínda rematados, resultou reducida a cinzas xunto co arborado obxecto dos coidados da xente.
Non se ten en conta de que, como sabe o persoal do Distrito IV, a actuación a cuadrilla e da xente que defendeu o monte de Nebra neste ano, foi case inmellorable: que por primeira vez a Consellería chegara a denegar o seu apoio, seria, ademais de inxusto dificilmente explicable.

Por todo o cal.

SOLICITA

Que, tendo por presentado este escrito, se sirva admitilo, teña por interposto Recurso de Alzada contra a Resolución mencionada e, polos motivos alegados, dite Resolución que se declare a nulidade da mesma e solicitase tamén que se nos subvencione proporcionalmente o traballo efectivo realizado.

En Nebra, a 2 de Abril de 2007.

Se saco todo isto agora a lux, é porque xa ninguén me pode votala culpa do resultado das eleccións en Nebra e porque xa hai un novo Conselleiro en Medio Rural.

Penso que os comuneiros e comuneiras libremente podemos ter unha ideoloxía política ou incluso militar nun partido, pero a hora de ocupar un cargo nunha comunidade esta debe ter prioridade sobre ese ideario ou non comprometerse. Esta é libremente a miña opinión e de seguro, que outros terán outra, pero moitas veces os males das comunidades de montes veñen por aí.

No vídeo pódese contemplar parte do traballo da cuadrilla. Se non teño mais fotos da súa labor foi debido a que nesa época estaba traballando en Madrid, aínda así, o resto de directivos foi moito menos ao monte.


No hay comentarios: