domingo, 19 de abril de 2009

Os montes veciñais en man común son dos veciños/as comuneiros mal que lles pese a algúns

Carta de D. Xosé Alfredo Pereira Martínez, presidente da ORGACCMM, publicada no Faro de Vigo, que subscribo parcialmente.

Faro de Vigo: Os montes veciñais en man común son dos veciños/as comuneiros mal que lles pese a algúns

Da pretensión dese avogado xa se dou conta na asemblea da ORGACCMM, e fíxenme eco na entrada do 29 de marzo de 2009.

Subscribo plenamente o dito por D. Xosé Alfredo, salvo nestes puntos e sen intención de xeneralizar, pero viaxando pola rede un atopa infinidade de irregularidades en demasiadas comunidades de montes.
...Así, di que as xestións das comunidades de montes son malas, cando o que realmente son xestións democráticas e asemblearias.
Non en tódalas comunidades as xestións son todo o democráticas e asemblearias que deben ser, se non, no ten senso o que afirmo con tanta rotundidade nesta bitácora.

Non é democrático que uns directivos:

- Ameacen ao secretario de que se non acepta a súa expulsión, porían aos comuneiros na súa contra e todo por esixirlles a mesma transparencia e legalidade que as directivas predecesoras, mentres eles miraban para outro lado.
- Abran unha pista en propiedades privadas, contando coa complicidade da Consellería do Medio Rural executora dos traballos.
- Encomenden unha tala a persoas non cualificadas para dito traballo, xubiladas e sen que a comunidade tivese un seguro de responsabilidade civil.
-Podería seguir, pero non vale a pena.
...E mesmo, no seu desmesurado afán usurpador, acusa publicamente ás comunidades de montes de malversación de cartos públicos desviando os fins das subvencións que acadan.
Sobre isto teño moito que dicir. En Nebra unha directiva foi acusada de malversacións de fondos ou apropiación indebida. Non podo asegurar de que, xa que na documentación da comunidade non aparece ningunha referencia da demanda, so facturas e facturas, algunhas dignas de ver pola súa presunta falsidade.

O que podo afirmar é que os querelantes cobraron os seus gastos (sobre 850.000 ptas), porque segundo recolleu a secretaria en acta: «la mayoría de los presentes aceptan diciendo que debido a ese capital invertido en esa defensa, ha aumentado el capital que antes no aparecía» (Sic).

Posteriormente e xa como directivos, seguiron pasando dietas e outros gastos (sobre 150.000 ptas) porque segundo eles, seguían buscando probas. Foi saír da directiva é rematala busca de probas.

Os datos que aporto a continuación, teñen cabida nos dous puntos que subliño.

Non foi moi democrático que estes mesmos querelantes, para agochar a súa presunta malversación, fixesen un reparto de 58,880.000 de ptas entre os comuneiros para "tapar" bocas.

Esta presunta malversación na miña opinión, estivo en que se aprobou en asemblea facer unha reforma e ampliación do cemiterio con vistas ao futuro para 300 panteóns. Ao final a capacidade total quedou en 233, para un censo de 260 comuneiros, insuficientes para "regalar" un panteón como prometeran para todos.

Aínda que Patrimonio non lles pegase o tirón de orellas e lles rebáixase de 201 a 170 o aforo, nunca tiveron intensión de acatalo que a asemblea aprobou.

Ese foi o verdadeiro motivo polo que "ofreceron" o reparto, sabendo como así foi, que moita xente necesitaba antes os cartos que o panteón. Iso si, despois moitos necesitaron da caridade allea para poder ser soterrados.

O custo das obras foi de máis de 36 millóns de ptas e o peor foi que despois, os comuneiros tiveron que pasar pola "taquilla" da Igrexa e "amoquinar" 18.000 ptas si querían construílo panteón.

No documento que adxunto pódese comprobar como día a día se foi argallando o reparto, o curioso é, que toda las directivas mirasen para outro lado e que os ex compañeiros me ameazaren antes con desprestixiarme, que sacar estas proba a lux.

Non lles interesa que se saiba a verdade e prefiren que unha minoría, siga criticándome. Nunca foi a miña intención prexudicar á comunidade, XAMAIS mentín coma critico e nunca intentei sacar unha renda política.

E variada a documentación aportada, pero non teñen perda. Piquen sobre o arquivo.

No hay comentarios: