viernes, 1 de mayo de 2009

A culpa ninguén a quixo, por iso quedou solteira


Os nosos políticos nunca deixaran de sorprendernos con desculpas infantís que dificilmente poden crerlles nenas e nenos aínda sen destetar. Hoxe sen ir máis lonxe, no enlace que adxunto leemos que unha das causas polas que Medio Rural non puido facer un plan para poder identificalos cabalos do monte, fomos as comunidades de montes e os gandeiros.

El bipartito dejó el gobierno sin que se materializase su plan para identificar los caballos de monte

Un queda abraiado lendo estas cousas. Hai que ser ben ruíns para acusarnos desta forma e quedarse tan panchos. Tamén poden votarlle a culpa ao pobo dos males que arrastra Galiza. Aquí os "santiños" parece que só son eles.

Descoñezo como se organizan os gandeiros, pero si sei como debemos facelo as comunidades de montes. Na nosa se non houbo ese debate, foi culpa exclusivamente do presidente ou da xunta reitora se foi informada, nunca das comuneiras e comuneiros.

En Nebra como mínimo estamos case obrigados por Lei a ter dúas asembleas o ano. Unha en xaneiro como xa dixen noutra entrada, para aprobalo censo e remitirlle copia á citada Consellería antes do 1 de maio. Agora é imposible, porque queren aprobalo domingo e descoñezo se antes o aprobou a Xunta Reitora, porque o último nin aprobado estaba.

A outra asemblea seria a Ordinaria, onde se aproban as contas e se debería elaborar o presuposto anual, cousa que xamais fixemos. Extraordinariamente podemos ter máis. As supostas reunións dos sábados que comenta o presidente na convocatoria, non contan como decisorias e tampouco pode aprobar nada nelas.

No caso dos gandeiros se seguen enfrontándose a unha difícil encrucillada e non tiveron as reunións que demandaba Medio Rural, terán que dirixirse aos seus representantes e pedirlles explicacións.

Por último e non é por ser repetitivo, gustaríame saber como para darlle unha solución aos gandeiros, ás comunidades de montes e aos propietarios que perdemos parte das colleitas pola entrada deste animais, no puxeron o mesmo interese que para expropiarlle ilegalmente coa pista, o agro de meu pai.

Neste caso non lles fixo falta nada. Consentimento ou permiso de meu pai; aprobación da xunta reitora; aprobación da asemblea xeral e certificacións obrigatorias que tiña que expedilo secretario. Chegoulles a palabra dun ou varios directivos. Incrible, pero así foi, e nin tiveron a "valentía" ou "decencia" de contestarlle e pedirlle desculpas ou perdón polo feito.

Debeu ser o único caso que coñezo a parte dos tempos da Ditadura, no que se saltaron os dereitos da propiedade e os principios básicos recollidos na Constitución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.