lunes, 25 de mayo de 2009

Que gran invento isto de Internet

Grazas á páxina da Organización Galega de Comunidades de Montes, tódolos días teño a oportunidade de coñecer o funcionamento e desenrolo de moitas comunidades de montes, que adoito comparar co que pasa coa nosa.

O día de Santa Rita saia publicada esta noticia: Os comuneiros de Parga sopesan revisar a cesión do monte á firma Ingemarga: http://elprogreso.galiciae.com/nova/31865.html

En Nebra fanse cesións e ninguén informa de nada a pesar de que é de obrigado cumprimento que sexan aprobadas pola asemblea xeral. Descoñezo como se fan, se é cousa exclusiva dun directivo, de todos ou se colaboran os/as vogais.

Por non saber, nin sabemos se a comunidade recibe algo a cambio ou funcionamos como unha ONG altruísta. O peor de todo é que se alguén decide preguntar nas asembleas, salta coma un resorte algún directivo acusándonos de ir para armar escándalo. Para iso conta coa colaboración do resto que suprimen calquera referencia nas actas e con algunhas comuneiras, que din que non van para escoitar aos que democraticamente tentamos coñecer o que se "coce" na comunidade.

Os noso directivos e sobre todo o presidente, deberían tomar exemplo doutras comunidades e presidentes i esquecerse de que o monte é deles. Quédome coas últimas verbas do presidente da comunidade de Parga (Guitiriz-Lugo), David Díaz Losada:
«"Eu non podo tomar decisións, senón que o meu labor é o de propor os temas á asemblea, que é a que toma os acordos"».
Aquí tómanse antes as decisións en moitos casos exclusivamente por un directivo e despois se temos sorte ou pregunta alguén, podemos coñecelas. Despois xa se encarga o presidente nas convocatorias de engadir, que se non se esta de acordo, que se rectifican. Estamos agardando como devolve o agro de meu pai ao seu estado anterior ou estará amosando que é un hipócrita cando escribe iso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.