domingo, 28 de junio de 2009

A verdade xamais dana a unha causa que é xusta (GANDHI, Mohandas)

Aínda que descoñeza que tipo de desencontros se producen na Comunidade de Montes de San Clemente (Caldas), non se pode consentilos actos vandálicos argallados contra o seu presidente e un comuneiro. Este tipo de feitos non da a razón a quen presuntamente a poida ter.

Son dos que defendo as verbas por riba das ameazas aínda que os directivos mas censuren nas actas ou o presidente, me faga xestos despectivos ante a asemblea.

Tampouco creo que coma no caso do meu pai, aos autores lles expropiasen un agro cunha pista só coa autorización do presidente, co visto e prace da anterior Consellería do Medio Rural.

Ou coma no meu caso leve anos pelexando para que o presidente, tan democrático el, teña o que hai que ter e se digne acatar unha sentenza contra que non tiña nada cando era un simple comuneiro e agora ten moito, só para que algúns comuneiros non saiban que foi gracias a ela, polo que hoxe temos o local onde o temos.

Fontes da noticia:
Condena unánime a actos vandálicos en San Clemente

CALDAS
Amenazan con pintadas al presidente de la Comunidad de Montes de San Clemente


É curioso que indagando información sobre este caso por Internet, atopase unha noticia máis sobre as penas ou multas que conleva negarse a acatar sentenzas.


"Tras la imposición de varias multas, el alcalde, el socialista Juan Manuel Rey, recibió el pasado 5 de febrero la notificación judicial en la que se le volvía a ordenar el derribo del muro. De no hacerlo en un mes, se anunciaba la imposición de otra sanción de mil euros".
Quen vai correr cos gastos na nosa comunidade cando farto desta cacicada, pida a súa execución vía xudicial?

Caldas acata cinco años después una sentencia que obliga a tirar un muro

No hay comentarios: