lunes, 13 de julio de 2009

No fago apostas

Unha vez máis e van tres, nunha nova entrada teño que poñer coma exemplo de saber levar e dirixir unha comunidade, á xunta reitora de Darbo. Nesta ocasión é pola forma de celebrala súas eleccións.

Comuneiros de Darbo apoyan a candidatura de Alfredo Moldes

Unha das causas que me motivou formar unha candidatura cando mo propuxeron, era reformalos estatutos e deixar ben claro como se debería entre outras cousas, celebralas eleccións. O máximo que conseguín despois de acadala vitoria, foi desprazarnos as aldeas e que alí os veciños, elixisen o máis democraticamente ao seu vogal. Antes mesmo se tiñan imposto por afinidade polos veciños doutras aldeas.

Aí xa empezaron os meus problemas cos compañeiros, xa que legalmente só pode haber un máximo de vogal por aldea e nalgunha, mesmo elixiron a tres. O primeiro caso dóuseme en Resúa e tratei de emendalo ao resultar que unha vogal era de A Pedra do Lobo e a outra do Pedroso (coido que nin pertencía a Resúa se non a Puilla), decidín habilitalas en aldeas independentes, cando antes o vogal de Resúa era ao mesmo tempo de A Pedra do Lobo, por ser só dúas casas e así se facía en moitas aldeas pequenas.

Nas seguintes aldeas xa non tiven forma de darlles unha solución: A Igrexa, 2; Calo, 2, Castrallón, 2; Puilla, 2. Caso sangrante é o da aldea da Aguieira con 4 vogais e simple casualidade, 2 directivos.

Como elixe de momento a nosa comunidade aos seus representantes?

Unha vez que remata a lexislatura, estipulada en catro anos, procedese a convocar eleccións á directiva. Figura xurídica que non existe nas comunidades de montes, se non que son xuntas reitoras, compostas polo presidente, vicepresidente, tesoureiro, secretario e un mínimo de catro vogais ou un máximos de un por aldea.

O 1 de maio legalmente cesou toda xunta reitora e como non se trocou a formula ata o momento vixente, dezasete días despois celebramos eleccións e resultaron elixidos por "abrumadora maioría", os catro directivos ao non haber outros candidatos.

Tal e como se viña facendo nas lexislaturas anteriores, os vogais eran elixidos na seguinte asemblea, pero esta parece que vai a ser un calco dos últimos dous anos da anterior: aquí faise o que décimos nós e punto.

Esa parece a idea dos catro directivos ao convocar e manter unha reunión ilegal cos anteriores vogais. Repito, reunión ilegal, xa que os vogais cesaron ao mesmo tempo que os directivos e só estes resultaron reelixidos. Notase que "máis calados" nos van a encontrar, pero se tiñan gañas de que recuncaran con eles, por qué nos engadiron a súa lista? Ninguén diría nada e sentaría o primeiro precedente: nas próximas eleccións as candidaturas deberían de levar nas súas listas, un mínimo de 8 comuneiros tal é como contempla a Lei e os Estatutos.

O papel do secretario é advertir destas ilegalidades, pero esta visto que o presidente dou co home que tivo "máis barbas" para cóllela pataca quente que deixei eu.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.