viernes, 10 de julio de 2009

Non me caso con ninguén

O titulo da entrada ben motivado a que como ben saben, perante moitos anos militei nun partido político e aínda que vía cousas que non me gustaban, sempre agardaba que fose a última. Como nunca houbo unha última, preferín darme de baixa sobre todo despois da cacicada que Medio Rural e a directiva da Comunidade de Montes lle fixeron a meu pai expropiándolle o agro.

Non me caso con ninguén, quere dicir que politicamente non volverei a cometer o erro de "casar" con ningún partido que antepoña os seus intereses aos intereses xerais. Equivocase quen pensa que agora estou noutra orbita, porque en marzo felicitase a Nuñez Feijoo e en maio criticase á directiva da Organización Galega de Comunidades de Montes, polas súas criticas ao Partido Popular cando aínda non había tomado posición.

Tódolos días acostumo a visitala súa páxina ORGACCMM, para poñerme un pouco ao día sobre o que se "coce" nas comunidades de montes. Pois ben, dende fai un días vexo con estupor que Medio Rural suprimiu un enlace onde daba conta das incidencias diarias sobre incendios.

Queren dicir que "censurando" esa información, nos tempos que corren non imos saber ao momento nada dos incendios que desgraciadamente e encanto se dean as tres coincidencias: 30 grados, 30 km hora o vento e 30% de humidade, os pirómanos non van facer das súas?

Poden ocultala información na radio, televisión, prensa ou Internet, pero se hai incendios (mellor que nos houbese aínda que ao final da campaña presuman diso) non poderán agochalas cinzas e o desastre medioambiental que queda. En Nebra sabemos moito disto, sobre todo dende o nefasto 2006.

Son consciente que esta queixa non vai chegar ao noso goberno, pero con todo iso, gustaríame que reconsidéranse a súa postura e habilitasen de novo esa información, aínda que xa digo, o mellor dato seria que non houbese incidencias.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.