jueves, 6 de agosto de 2009

Xa empezamos

Foto La Voz de Galicia e Alba Rubín.

Unha semana sen choiva, dous días de nordés e os pirómanos xa comezan a facer das súas. Saben moi ben cando actuar e poder facer moito mal. Agardan agochados na retagarda sen importarlles o tempo que faga falta.

Nunha entrada da miña bitácora dedicada exclusivamente a temas comunitarios, dicía non me caso con ninguén criticando a Medio Rural por haber retirado da súa web segundo a orgaccmm, as incidencias diarias de incendios. Hoxe mesmo na páxina da Organización emitida as 12·30 horas, recollese:
9.08.2009 HOXE NON ATOPEI NOVAS.

Pola contra e grazas as edicións dixitais da prensa galega, podemos ler que Medio rural si informou de algúns incendios importantes e coma sempre, no Barbanza e Ourense, estes fixéronse notar:

Galicia rexistrou hoxe 12 incendios forestais

Un incendio calcina once hectáreas en Boiro

Antes de que se me esqueza, tamén se lee por aí que este ano Medio Rural suspendeu as colaboracións coas comunidades en canto a creación de equipos contra incendios, cando esa suspensión se produciu gobernando o bipartito.

Nebra dispón dunha pequena motobomba que no ano 2006 prestou un gran servizo e agora non temos esa cuadrilla para facelo mesmo, aínda que si dispomos de xente que esta facendo labores de limpeza grazas a outra subvención de Medio Rural exclusivamente para eses traballos, cando antes facían labores de vixilancia e prevención, que como podemos ler tamén por aí, din que esta ano non deron subvencións para isto último.

O que me lea pode pareceralle que estou a prol de Medio Rural ou facéndolle publicidade gratuíta, pero é que son obxectivo coas cousas que leo ou vexo, e estas son unhas de elas.

Este ano polo que sei, varias comunidades acolléronse á figura creada pola anterior consellería de vixilancia efectuada por voluntarios. Iso si, os políticos non renegan do seu soldo e pretenden que os demais traballemos gratis. Coido que con eses 15.000 euros que se aseguraron na lexislatura pasada os 3 partidos para os seus cargos cesantes, se facía moito máis polo monte e por Galiza.


No hay comentarios: