jueves, 13 de agosto de 2009

«Pero home, todo o mundo sabe que o negocio é plantar non a madeira»

As veces encóntrome con noticias que me veñen a dar un pouco a razón. Estoume referindo nesta entrada as plantacións de piñeiros que se fixeron en Nebra despois do desastre de 2006, en zonas que se rexeneraron solas tal e como se pode ver nalgunha entrada anterior.

Durante 5 anos se non lembro mal, as empresas que se dedican a facer repoboacións en montes comunais reciben unhas subvencións cada ano para limpeza do mato e despole do arbores.
Digo se non lembro mal, porque pouco despois de tomar posición dos nosos cargos en 2005, na ladeira de Iroite fíxose unha roza manual para repoboar milleiros de piñeiros, aberto unha pista, construído un pozo contraincendios e 2 cortalumes, todo hai que dicilo, aprobado única e exclusivamente polo presidente e despois de haberlle presentado unha empresa destas, ese proxecto. Aí foi onde coñecín un pouco como funciona todo este "negocio".

Por desgraza eses milleiros de piñeiros levounos por diante o lume, mais quedo coa resposta que lle dou un paisano ao autor deste artigo:

Máis madeira

Despois din que a xente do rural non é sabia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.