miércoles, 21 de octubre de 2009

Lendo a prensa

Dúas noticias na prensa de hoxe fixéronme rememorar algunhas das discrepancias que tiven cos ex compañeiros da Directiva.

A primeira foi pola contratación ilegal (por moito que o presidente diga que foi un encargo, xa que segundo el non houbo un contrato) de dous comuneiros xubilados para cortar eucaliptos para todos. Antepoña o termo que lle pete, o feito foi ilegal, xa que o acordo non contou nin coa aprobación da Xunta Reitora, nin co da Asemblea Xeral.

A miña teima neste caso e outros casos era que os directivos non podíamos antepoñer intereses particulares a comunitarios e mesmo, por en perigo á propia comunidade, se se daba o caso de que esa xente sufrise un accidente. Contratempo que mesmo o sofren os profesionais como se pode ver: Un traballador golpeouse o ombreiro cando cortaba árbores en Bealo.

A segunda foi o feito de permitir a tres traballadoras do Pronto Auxilio abandonalo seu traballo para ir ao berberecho, mentres os seus compañeiros seguían cos traballos, e a Comunidade pagándolles o seguro.

Para xustificar esa "benevolencia", dixéronme que recuperarían eses días, pero a verdade foi que esa recuperación foi parcialmente nula. Iso si, ese "favor" a eles "prestoulles", e a min, custoume criticas por parte dalgunhas das implicadas.

Foi a primeira vez que esta xente puido compaxinalo marisqueo co traballo, xa que en anos anteriores pedían a rescisión do contrato e ocupaban o seu posto as reservas. Esa foi a miña teima, que esa xente tiña dereito a ocupar ese posto se alguén incumpría o contrato. Son estes casos onde se nota cando un directivo non ten que pagar do seu peto por un traballo non feito.

Parece que o de compaxinar marisqueo con outros traballos non foi exclusivo desta xente: Quero traballar, non ser furtiva, para dar de comer á miña familia.

Parece que non todo o mundo é tan benévolo coma os directivos da nosa comunidade, cando de verdade algunha xente o precisa.

1 comentario:

  1. teño que decir que esa frase de Robert Kennedy, pensei que era miña, pero dinme conta que era a traducion dos moitos libros que sobre os kennedy lein te saudo e felicito por ese pensamento.
    manueldominguez.es

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.