domingo, 1 de noviembre de 2009

Canto nos custou o local?

Na última asemblea celebrada no mes de maio, un comuneiro preguntoulle ao presidente canto custara o local? Respondendolle que non llo podía dicir porque non tiña a documentación á man (documentación? se o prezo final "negociouno" el só co construtor). Camiño dos 6 meses parece que aínda non tivo tempo de responderlle a pesar de vivir ao seu carón. Iso a parte de que coma presidente ten o deber de coñecelos estatutos e que ten un prazo de 15 días para contestar.

Por outra parte, menos mal que na convocatoria desa asemblea escribiu que por portarnos ben, coma agasallo ía a convocarnos máis a miúdo. Non sei se se decatará que dende maio a xunta reitora esta ilegalmente constituída ante a falla de elixir aos vogais.

Cando se fan as cousas sen luz nin taquígrafos pasan cousas dificilmente de entender. É incompresible que os comuneiros a día de hoxe non sexamos coñecedores do que pagamos polo local, salvo que os directivos pagasen do seu peto, cousa que dubido.

Nunha directiva aberta non é normal que cada comuneiro teña que dirixise a "sus señorías" para recibir todo tipo de información. Se se fixeran as cousas como quería eu (presidente dixit) en asemblea convocada ao efecto, estarían ao tanto de como se pretendía facelo local e canto custaría, mais cando un presidente non ten "empacho" en dicirlle aos comuneiros que esta "releando" o prezo da obra co contratista, apaga e vamos. Esta afirmación fíxoa 2 veces na asemblea de maio do 2007.

Para mostra, unha escolma de diálogos extraídos da gravación desa asemblea no intre que se fala do troco do proxecto sen pasar pola asemblea xeral (por suposto non constan en acta, porque a levantou o presidente actuando tamén coma secretario).
  • Jesús Barreiro: Non custa nada informar si vai custar mil ou dous mil euros a maiores.
  • Tesoureiro: Consta que vinte mil a maiores.
  • Presidente: Iso será cando se acorde ou se firme un contrato co construtor e non dixen que non soubese nada dun contrato. Non firmarmos un contrato.
  • Jesús Barreiro: O contratista sabe se vai facela planta de arriba?
  • Presidente: Pregúntalle ao contratista.
  • Jesús Barreiro: (preguntando ao contratista) Xa está contratado?
  • Contratista: Si.
  • Presidente: (desménteo) Contratado non está!
  • Jesús Barreiro: Cando se saiba o presuposto debese informar á comunidade.
  • Presidente: Un presuposto non é un contrato. O presuposto téñoo o contrato, non. Eu non sei nada de obras e custa aproximadamente noventa mil euros, pero como aínda estamos falando co construtor e trocando cousas, non hai un contrato firmado. El fainos unha proposta, un presuposto da obra e nós (directivos) estamos falando co aparellador para ver o que lle "regateamos" (sic).
  • Presidente: Ten que haber unha cousa clara, un presuposto que estará sobre cento vinte mil euros, un presuposto que nos ten dado o contratista en forma e tal, cos gastos detallados, esta en mans da comunidade, na nosa man. Outra cousa é que teña que traelo a asemblea e discutilo.
    Todo iso que nos dou o contratista, eu non entendo case nada, pero hai un aparellador que nos comenta as cousas, falamos con el e co contratista, e estamos “regateando” sobre esa cantidade... Regateando, discutindo ou estudando o que o contratista nos esta pedindo sobre a obra que vai facer.
    Cando se firme un contrato, estará o contrato firmado e falaremos de cantidades e de tal, pero mentres tanto...
  • Isidro Piñeiro: Iso non o tiña que ter xa feito antes de empezala obra?
  • Alfonso Figueiras: Claro.
  • Isidro Piñeiro: Non entendo nada, todo esta completamente ao revés. Como se pode empezar unha obra e despois de empezala se vai facelo contrato? (engade) Na miña vida vin iso, primeiro facedes e despois informades que facedes o contrato coa obra empezada!.
Así  actuábase cando exercía de secretario:

O 24 de marzo de 2006, licitáronse as obras do local en base ao proxecto que había. Proxecto que non me gustaba porque era o da futura Casa de Cultura de Nebra Constaba de dous edificios e o Concello pasaría a ser o propietario ao non contemplar a Lei o que rebulía na mente do presidente "que fose unha propiedade compartida". Non quería trocalo aducindo que iso adiaría a obra ou que o Concello nos podía poñer trabas de non quedarnos co "seu" proxecto. Ao final por "imperativo legal", tivo que claudicar e trocalo e nin se desculpou comigo. A soberbia é mala compaña.

Á poxa só acudiron 3 contratistas de Nebra, xa que, restrinxiuse o acceso aos foráneos. De facer as cousas ben dende un principio, aforraríase un feixe de euros, xa que entregaron copias da documentación e planos a contratistas que non tiñan previsto presentar presupostos.

Cartafol coa única documentación (en PDF) respecto do local ata o día de hoxe:

No hay comentarios: