lunes, 7 de diciembre de 2009

Aclarando pequenos detalles

Por motivos laborais non puiden actualizala bitácora, polo que esta entrada vai con algo de atraso e xa coa asemblea pasada.

Tal e como dixen na anterior, o presidente non di toda verdade no canto ao financiamento do local, pero hai máis, esquece aposta dicir que grazas a min que loitei só cos meus "medios" por recuperalo solar (presuntamente un notario obrigoulle aos exdirectivos a inscribilo ao seu nome) púidose construír. Repito, ningún dos preto de trescentos comuneiros fixo ren para recuperalo, iso si, a anterior directiva e esta néganse a aboarme os gastos que iso me supuxo.

Aquí pagáronse antes e agora chamadas privadas cun móbil da comunidade, comidas á esgalla con bebidas etiqueta negra de alta gradación (no caso dos voluntarios algúns ganáronas ben, mentres outros paseaban no coche), agasallouse a persoas que colaboraron contra o lume cos seus tractores, etc., pero o único que non pode cobrar é quen loitou porque ese ben fose propiedade de tódolos comuneiros e comuneiras. Xa non digamos nada das máis de 16 horas que botei no monte  loitando contra o lume coa cuadrilla, porque os "señoritos" tiñan os móbiles da comunidade apagados e o servizo de contra incendios da Xunta tívose que poñer en contacto comigo por medio do meu fillo que estaba no seu día libre.

So me resta dicir que se fun quen de coidar e darlle de comer a uns cochos, tamén o son de quedarme cos gastos as miñas costas. O tempo porá a cada un no seu lugar.

Proseguindo co segundo paragrafo engadido na convocatoria:
...que o monte poida ir dando traballo a algunhas persoas da parroquia, mentres Nebra se beneficia dese traballo e progresa.
Esta foi unha das miñas teimas e quería copialo modelo exemplar da Comunidade de Montes de Baroña, pero como non lles gustaba, decidiron contratar ilegalmente a dous comuneiros para cortar eucaliptos, cando ata entón cada comuneiro facía un aproveitamento sen cargas para a comunidade. Neste caso a "broma" saíunos máis cara, aínda que non podo precisar canto. Sendo o secretario xamais vin o recibo do pago e na Xestoría non teñen constancia.

Porque daquela non había interese e agora si? Teño unha explicación, pero por respecto ás persoas prefiro calar.
...será preciso mellorarmos as posicións da parroquia con menos eucalipto "asalvaxado" e máis gando, que debe estar sempre identificado e baixo control da Comunidade.
Gando: Outra teima. Neste caso gustábame o modelo dunha comunidade de Montes de Carnota, pero o lume impediu que fosen avante dous peches gandeiros preto de Resúa, aínda que despois desviaron a subvención para outra zona.

O "meu modelo" era facer un convenio entre os gandeiros coa Comunidade, nunca un "cambaléache" dun directivo cun amigo non comunitario sen dar contas a Asemblea Xeral.

Identificado: Salvo os cabalos, eterna promesa dos gobernos que pasaron pola Xunta de Galicia, o resto da cabana gandeira está identificada.

Asalvaxado?: Non entendo. Están facendo "carreiros" de limpeza en zonas exclusivas de pinos e van deixando algúns eucaliptos que naceron cousa curiosa, despois do lume. Nunca no noso monte houbo tantos onde antes nunca os houbo.

O terceiro paragrafo de verdade que non o entendo, salvo o de implicalas mulleres na dirección da comunidade. Alégrome que agora os directivos non diga aquilo de: Paco, moito che gusta invitar ás vocais as reunións.

Por último supoño que todo mundo coñece perfectamente o que é un parque biodasaludable.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.