domingo, 20 de diciembre de 2009

A Defensa do Monte Comunal en Darbo

A Defensa do Monte Comunal obxectivo prioritario da Xunta Reitora da Comunidade de Montes de Darbo de cara á vindeira Asemblea Extraordinaria

Unha vez máis teño que facerme eco da exemplar xestión desta comunidade de montes, xa que mentres os seus comuneiros parece que están debidamente informados por parte da xunta reitora, na nosa comunidade adoecemos de información básica e incumpren totalmente un apartado do artigo 8º dos nosos Estatutos.

Artigo 8ª.- Corresponde a Asemblea Xeral.
- Aprobar o outorgamento de cesións, arrendamento, plans de aproveitamento e toda clase de contratos con terceiros, así como a distribución de aproveitamentos, beneficios e cargas e a cantidade que dos rendementos económicos da comunidade debe reservarse para inversións en melloras e servizos do monte, que en ningún caso poderá ser inferior ao 15% de aqueles, en virtude do disposto no art. 23 da Lei 13/1989.

A día de hoxe os comuneiros e comuneiras descoñecemos quen autorizou a un gandeiro foráneo a facer uso dos peches comunitarios; cando e como se asinou o contrato co construtor do local; cando e como se asinou o contrato co Concello pola cesión para o Punto Limpo, etc.

Falta o primeiro contrato que se asinase antes de pasar pola asemblea xeral, requisito imprescindible e legal para que teñan validez. Isto amosa a falta total de transparencia e máis ben parece, coma se os comuneiros e comuneiras sexamos meras comparsas.

No novo deseño da bitácora, poden visualizar os estatutos vixentes na comunidade e por moito que digan os directivos que non valen para nada, mentres non os derroguen son os que lle marcan o camiño, por moito que se queiran desviar del.

1 comentario:

  1. Xa coa entrada subida, chegoume a nova de que os comuneiros de Darbo rexeitan ceder ao Concello por 40 anos o campo de fútbol de Montecarrasco.

    Insisto, isto en Nebra seria totalmente imposible. Aquí aparentemente todo se aproba daquela maneira. O exemplo máis claro témolo na expropiación ilegal efectuada nas propiedades de varios comuneiros, incluída a de meu pai, por moito que o presidente insista en que se non estamos de acordo coas cousas que fan, que as desfán (sic).

    Mexan por nós e temos que dicir que chove.

    http://bit.ly/5gXGvy

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.