domingo, 7 de marzo de 2010

Outro exemplo de transparencia

Non digo nada novo se afirmo que a maioría das comunidades de montes da provincia de Pontevedra son un exemplo a seguir en canto á concienciación comuneira para o resto de Galiza. Na asemblea celebrada pola Organización Galega de Comunidades de Montes en Ourense o 4 de febreiro do 2006, expúxose que un dos motivos de celebraba alí, era por esa eiva. Nese baremo seguíalle Lugo e A Coruña.

Xa pasaron catro anos e poida que a memoria me xogue unha mala pasada, pero coido lembrar que no punto da Convocatoria para a elección da Xunta Reitora se comentara que era necesario a implicación do resto de provincias na directiva da organización, xa que a maioría tamén  o eran desa provincia. Non foi ata as eleccións celebradas en maio de 2006, cando se incorporou unha comuneira de Lousame.

Outro dato importante co que me quedei era que de solicitalo á organización, esta organizaría cursos para que os comuneiros, comuneiras e directivos soubésemos defendelos nosos dereitos, pero, ¿interesoulle isto á directiva?. Non, porque ata agora non fixeron ningún, xa que non interesa que a xente esperte. Así década tras década foise fraguando o caciquismo en Galiza.

Unha das conclusións do III Congreso da Organización foi que a soberanía debe seguir recaendo sobre a asemblea de comuneiros é isto en Nebra estase a incumprir. O último caso do que teño coñecemento como xa dixen, foi enchufar a dedo a tres comuneiros nun plan de traballo sen a publicidade preceptiva e o que foi peor, sen pasar pola asemblea xeral.

Pola contra vemos como as xuntas reitoras doutras comunidades si que respectan eses principios: os comuneiros de Moaña abren o prazo para contratar a dous peóns forestais.

Dubido moito que desta e outras comunidades acudisen tantos directivos á celebración do Congreso que fago referencia, como acudimos por Nebra. Fomos 5 cada día, cobrando de dieta 60 euros cada un, excluídos gastos de comida e transporte. Para non aprender nada escusamos de ir, e aforrabámoslle un bo capital á comunidade.

No hay comentarios: