jueves, 8 de abril de 2010

É curioso

Como saben os que visitan a páxina da Organización Galega de Comunidades de Montes, recompila noticias que publican os xornais sobre as comunidades e no apartado unha perspectiva: díxose onte, repasa as hemerotecas.

O día 5 de abril de 2006, nesas lembranzas, La Voz de Galicia publicaba: comuneiros de Nebra opóñense a sufragalas melloras na igrexa. Aínda que a noticia falaba de "miembros de la comunidad de montes de Nebra" o certo era que só aparecía o nome dunha comuneira e as melloras consistían en facer uns bancos novos para servizo dos veciños e veciñas, nunca para servizo ou negocio do señor cura, do arcebispado ou dos propios directivos e comuneiros gracias ao reparto de fondos, tal e como acontecera cando esta comuneira había exercido como secretaria.

O motivo de haberse incluído na Orden do Día ese punto, fora un escrito asinado por dezaseis que propoñían debater e votar a proposta, para nada falaban de pasar por alto ese trámite como acontecera noutras lexislaturas. Eu como secretario fun o encargado de dar conta do escrito a Xunta Reitora para levalo ante a Asemblea Xeral. tal é como afirmei sempre, eu non ía facer coma outros negarme a levar propostas dos comuneiros as asembleas.

O curioso era que o presidente tampouco estaba de acordo con que se fixeran e pospuxo varias veces incluílo na Orde do Día e cando o fixo, sempre tratou de levalo contra o final da convocatoria na procura de agardar a quedarse sen quórum, como así pasou nas dúas asembleas, antes de aprobarse na terceira e última. Outro ao que non-lle gustaba a idea era ao tesoureiro e incluso chegou a acusarme de se-lo impulsor cando era falso. Tanto me inchou as... que-lle tiven que replicar que dito escrito segundo me comentara un dos promotores, lle había sido escrito por un directivo.

Como ben digo, o tema pasou por tres asembleas porque o presidente non aceptaba as votacións e iso que era o primeiro en levantala man para votar en contra, replicándonos a dous directivos (o outro era o autor do escrito) que nos abstiveramos sen haberlle comentado cal era o noso voto para votar en conxunto.

Tal e como reflicte a actual Lei de Montes, reservando o 15% das ventas da madeira para reinvestimento no propio monte, o resto corresponde a Asemblea Xeral decidir o seu destino e cada comuneiro é un voto. O que non se pode facer e ir á prensa e logo non presentarse na asemblea para defendela súa postura, como foi o caso que nos ocupa.

Que non é nada ilegal demostrase vendo como noutras comunidades seguen exemplos parecidos: comuneiros de Sambreixo e Obispado invisten 106.000 euros na igrexa.

Non quero rematar sen falar do negocio que se-lle fixera no seu día ao arcebispado cando dita señora fora secretaria. Sucedeu coa ampliación do cemiterio, que sen poñer ren na súa urbanización, despois cobroulle a cada comuneiro dezaoito mil pesetas por cada panteón, Iso si que fora unha boa xestión?. Pero aínda hai máis, esta señora e outros despois puxéronse a construílos panteóns vendéndollos incluso a xente non comuneira nin tan sequera veciña. Debe se-la primeira comunidade de montes a falta de datos, que xente allea á comunidade se beneficiou dunha inversión e duns fondos comunitarios.

Na imaxe pódese contemplar parte o cemiterio: rodeando, os antigos panteóns construídos por un cura que pasou pola parroquia e nada que obxectar, os do tellado rosáceo promovidos por varios ex directivos e os do tellado escuro, primeiro promovidos polo presidente legal, pero gracias a baixada de pantalóns dende o Concello, tivo que recuncar e facelos privadamente, polo que no meu caso se me privou do meu a pesar de que os meus fondos do reparto, seguen xerando intereses na conta da comunidade.

Ao fondo pódese ver dúas construcións que unha sentencia ou o arcebispado obriga de demoler o que quere dicir, que todo o investido alí sería unha presunta malversación de fondos xa que antes de facelo, o propio arcebispado, dono do terreo, lles prohibira construír iso.

¿E que pasou entre aquilo e hoxe?, que todos que pasaron pola directiva "tragaron" esa desfeita. Cada un que saque as súas conclusión, eu só son un mero transmisor.

1 comentario:

  1. Pois non, non sodes a única comunidade de montes que cede os seus terreos para que outros logo fagan negocio. Ocórrense varias, todas elas en Xunqueira de Ambía, de onde eu son natural, onde en terreos cedidos por comuneiros se amplían cemiterios, se contruen piscinas, centros de saúde, se ocupan por instalacións de telefonía ou electricidade,... para que todos os veciños, comuneiros e non comuneiros, saquen proveito, sen que os titulares dos terreos, os comuneiros, perciban un so euros. C'est la vie

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.