viernes, 2 de abril de 2010

Medio Rural publica a orde sobre as medidas de identificación e rexistro de cabalos


Parece que por fin a Xunta de Galicia pasa das promesas aos feitos e tenta poñer un pouco de orde na cabana equina. A última partira dos anteriores xestores e como moitos temas, quedouse en nada.
Agardemos que a partires da súa entrada en vigor, todos nos sintamos un pouco máis protexidos, tanto nas  propiedades privadas coma nas comunais.

O sistema de identificación baséase na actuación de veterinarios de exercicio libre autorizados a tal fin pola Consellería. Tamén se publica outra orde coas bases das axudas para o fomento e desenvolvemento do sector equino

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou unha Orde da Consellería do Medio Rural pola que se ditan as disposicións particulares de execución do sistema de identificación e rexistro dos cabalos na nosa Comunidade Autónoma.

O sistema de identificación constará dos seguintes elementos: Un documento de identificación individual, permanente e único para cada equino; transpondedores de aplicación parenteral que permitan o establecemento dun vínculo inequívoco entre o documento de identificación e o animal e unha base de datos informatizada onde se rexistre a información sobre o cabalo, con datos básicos entre os que figurarán, entre outros, un número permanente e único; a especie, sexo e raza; o país e data de nacemento; o nome e referencias do titular do exemplar en cuestión. Así mesmo, nesta base figurará o Código da explotación de nacemento (Rega)do animal.

Este sistema baséase na actuación de veterinarios de exercicio libre autorizados a tal fin pola Consellería do Medio Rural.

Axudas

O DOG publicou tamén outra Orde de Medio Rural pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas ao sector equino para o seu fomento e desenvolvemento no ámbito da nosa Comunidade Autónoma. Con carácter inmediato vaise publicar ademais outra norma coas bases das axudas específicas á identificación do gando equino, e a súa convocatoria para 2010, referidas exclusivamente aos cabalos explotados en réxime de liberdade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.