jueves, 8 de abril de 2010

Políticos por un lado e comuneiros polo outro

No post a boas horas, mangas verdes facía unha pequena critica encol da obrigatoriedade ou non da actual Consellería de Medio Rural de dar por bo o borrador da futura Lei de Montes, que se esquecera de aprobar o bipartito. Hoxe na web da Organización Galega de comunidades de Montes, pódese ver a inquedaza que aquel borrador causara nalgúns comuneiros.

Copio e pego literalmente para que cada quen faga a súa interpretación:

7.4.2008 Encol da Lei de Montes, da Organización Galega de CMVMC (ORGACCMM) e dos Xurados Provinciais de Clasificación  en quente: para cándo as eleccións en Ourense e máis en Pontervedra?

Importancia: Alta

No que ten de ver co meu requerimento nas NOVAS do día 4 pedindo o Borrador da Lei de Montes de Galiza, obtiven algunhas respostas unha das cales é a que vai a seguir destas primeiras liñas miñas. Despois desa resposta do correspondente, vai a miña consideración. O remitente, persoa coñecida nesta xeira dos montes, quere ficar no anonimato e así será.

4.4.2008 LEI DE MONTES DE GALIZA: Galicia prohibirá dividir o monte en leiras de menos de 15 hectáreas en quente: está “colgada” nalgures?

. . . Ola Celso, bo día,

paréceme polo que lei no teu correo que non tes o borrador da lei de montes que anda a estudar o goberno galego (de momento a consellería de Medio Rural, coido). Eu atopei con dificultades unha copia, e aínda que non tiven tempo (e confeso que moi poucas ganas) de estudala, nunha primeira ollada quedei pasmado o me decatar que teñen a idea de levar a cabo o que eu xa sospeitaba fai tempo: ¡¡ NON É UNHA LEI DE MONTES, SENÓN UNHA LEI DE MONTES E UNHA LEI DE MONTES VECIÑAIS E MÁN COMÚN XUNTAS !!. Sen nin sequera citar no título os montes veciñais, o borrador lexisla sobre o que son e deben ser as comunidades de montes, e deroga a lei 13/1989. Este disparate manda o carallo incluso ó propio Estatuto de Autonomía de Galicia, onde teñen cabida diferenciada o asunto “monte” e o asunto “monte veciñal en man común”. Penso que o tema é o bastante grave como para que as comunidades de montes de Galicia levanten a voz, e manden parar e repensar o tema e pidan “luz e taquígrafos”.

teño que recoñecer que pensei que a ORGCCMM estaba no asunto, porque me consta que parte dos seus dirixentes teñen hoxe praza e mando na Corte Galega de Santiago. E trabuqueime o pensar que o voso –teu- silencio era a resposta agradecida ó peso das trinta moedas de prata da bolsa. Pero vexo que pode non ser así, así que nesa esparanza envíote este correo co borrador da lei, por se queres (eu penso que debes) colgalo na web.

que a xente á lea, e que cada quen xulgue por si mesmo.

unha aperta, e ata mais ver, . . . AS MIÑAS CONSIDERACIÓNS:
1) Na maioría das cousas por non dicir todas, a ORGACCMM non acada a súa posición deica o debate na Rectora, frecuencia sempre dunha xuntanza ó mes, e Asemblea Extraordinaria se o asunto é importante e non hai mandato dunha outra Asemblea.

2) Son testigo do non coñecemento, fai unha semana, do BORRADOR pola Rectora e tanto é así que a convocatoria da Asemblea Ordinaria do 12 deste mes en Lugo, CONVOCATORIA ABERTA A OBSERVADORES, condicionaba a xornada da tarde para debate-la LEI o poder disporen dil.

3) O feito dunha Lei de Montes abranguente a Lei de MVMC véñese temendo dende os tempos do PP.

4) A ORGACCM por ser un ente que só está formado por CMVMC, non polo desexo das rectoras senón pola aprobación das súas Asembleas, é moi conscente de a quén se debe. Moitas veces se ten falado do perigo de ter subvencións para o seu funcionamento interno e, tacimente, se rexeita. Ninguén cobra cartos (nen especie) na ORGACCMM e a súa independencia de partidos, sindicatos ou empresas é total. Eu teño experiencias dabondo encol da recoñecida posición, sempre de seu, da ORGACCMM.

5) O feito de estaren en órganos consultivos, non de goberno, que eu saiba, é consecuencia do noso peso como organización de Comunidades de Montes. Deica outubro do 2.007 era unha entelequia sabe-lo do peso mais dende esa data comezouse a devela-la cousa. Celebraronse eleccións para nomear o representante das CMVMC no Xurado Provincial de Clasificación d´A Coruña: presentarose catro aspirantes, resultou alexida a nosa, Pilar Santamaria Calo da Comunidade de Merelle (Lousame) e Vicepresidenta da ORGACCMM, triplicando en votos ó que ficou segundo. . . Máis recentemente, a finais deste Marzo, fíxose o mesmo en Lugo. Saliu elexido David López Losada, da Comunidade de San Estevo de Parga (Guitiriz) e Coordenador Xeral da ORGACCMM. Presentaronse cinco candidatos, o noso obtivo cáseca o 50% dos votos e un 43% de máis ca os obtidos polo segundo. En ámbolos dous casos, coidamos, pode ser que houbera patrocinados pola Administración (non é seguro). COMEZASE A SABER QUÉN É QUÉN E PARA QUÉ.

6) Esta mensaxe e o Borrador da Lei mostraranse no noso Boletín e na WEB o luns, día de máxima audiencia.

7) Derradeiramente a miña posición persoal: a miña relación especial coa ORGACCMM terá remate no intre no que os principios nos que se fundou e que se seguiron nestes anos se prostituian. FIN DAS MIÑAS CONSIDERACIÓNS

E máis nada, saúde: Celso Milleiro Fariñas
Contestación do noso correspondente anónimo:

Moito máís que satisfeito pola túa resposta, Celso. Con esperanzas renovadas na boa xente, penso. E de verdade, perdón polas dúbidas sobre a ORGCCMM coma organización independiente da "Corte Santiaguesa"; é unha boísima nova comprobar que mantedes o voso inicial espíritu.

Seguide contando con meu esforzo en prol da pervivencia e promoción das comunidades de montes. Na eterna loita entre o común e o particular xa coñeces ben hacia onde teño claras as miñas preferencias.

Unha aperta

Nota: A día de hoxe os comuneiros e comuneiras de Nebra non tivemos coñecemento no seu día ao borrador do bipartito, nin agora ao que pretenden aprobar as novas autoridades.
De ter esa información, os comuneiros tamén poderíamos expolas nosas propostas ou melloras a dita Lei, que a directiva debería levar consensuadas á Asemblea ou Congreso da ORGACCMM.
De aí a miña pregunta, ¿poden os directivos falar de costas aos comuneiros que representan ante dita Organización?.

No hay comentarios: