domingo, 6 de junio de 2010

Leis disparatadas

Foi no 2005, a raíz do incendio de Guadalajara cando o goberno central sacou unha das leis que considero máis disparatadas i estúpidas: prohibir acender grellas en zonas habilitadas para ilo.

Todos sabemos como se orixinou aquel incendio e as súas fatais consecuencias, pero tamén sabemos que noutros intres da vida se producen descoidos con perda de vidas, e non non por ilo se dedicou a sacar leis parecidas, se acaso ditar novas normas de seguridade.

Que esa Lei foi un disparate, parécenos a moita xente aínda que non todos o digamos:
Rebelión contra a prohibición de facer lumes nas grelladas dos parques forestais de Vigo
«Se non se usan as grelladas, mellor plantar piñeiros»
Uxío González: «é un escándalo sen ningún sentido»

Coma amante da natureza e coa chegada do bo tempo, adoitaba ir ás grellas habilitadas pola bisbarra (Montemuíño, A Madanela, Aguieira, Casamea, Laranga, Bealo, etc), para pasar un día coa familia a redor dunhas sardiñas ou churrasco feito no intre. Por descontado que se había romaría, todo era moito máis doado e mellor. Sempre fun precavido e xamais tiven un contratempo, aínda así onde non había auga sempre levaba un par de garrafas por si acaso. Isto tamén o facía en queimas controladas no monte, do que foron testemuñas unha vez os axentes forestais preto do Castro de Baroña, cando aínda se daban autorizacións por escrito.

Supoño que as opinións verquidas neste blogue non chegaran ao goberno central ou autonómico, pero coido que poderían ditar unhas normas menos restritivas e permitirnos volver a darlle o uso para o que foron concibidos eses espazos. Dende aquí gustaríame aportar un par de ideas:
- Solicitar previamente autorización como pasa coas queimas controladas, coa salvidade de que debemos indicalo día exacto e con caducidade. Se ese día non podemos ir, deberemos volver a solicitar nova autorización.
- Ter que dotarnos de elementos de prevención: un extintor, garrafas de auga, unha pa das usadas polos equipos de extinción, etc.

Para rematar, por exemplo o que non tivo sentido xa coa Lei en vigor foi o que fixeron os nosos "flamantes" xestores da comunidade: montar esta grella no medio do monte. Por certo, coa prohibición fíxose uso dela e adiviñan por quen?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.