jueves, 22 de julio de 2010

Cando se darán conta os comuneiros?

Sempre que tratei de explicar nas asembleas, primeiro dende a oposición e despois dende a directiva, que se por calquera circunstancia ocorrese un accidente, a Comunidade sería a responsable civil subsidiaria e de non te-los fondos suficientes «o monte é inembargable», teríamos que se-los comuneiros e comuneiras os que respondésemos co noso patrimonio.

A primeira vez que se dou esta posibilidade foi nunha lexislatura, digamos para entendernos cunha directiva de «dereitas». É certo que os traballos foran aprobados por «abrumadora maioría», tal e como se reflicte nas actas, pero tamén é certo que o descoñecemento da Lei, non exime do seu cumprimento.

Por aquel entón non fun quen de «convencer» aos comuneiros e comuneiras que non se podía andar así e mandar á xente sen un contrato e seguro «chegou a haber máis de 30 persoas a traballar desta maneira co visto e prace da Xunta, gobernada polo PP». Por sorte só houbo pequenos contratempos. E por que sucedeu todo isto?, porque a xente estaba máis por acadar un traballo temporal, que pararse a pensar en «subterfuxios legais».

Oito anos despois, cunha directiva máis «progresista e todo hai que dicilo, nacionalista» tocoume vivilo mesmo en primeira persoa. Iso si, neste caso moito máis grave por non pasar tan sequera pola asemblea xeral, ao «apalabrar» só os ex-compañeiros con dous comuneiros uns traballos para cortar leña para toda comunidade, que tamén contou co visto e prace da Xunta, pero neste caso gobernada polo bipartito. Tampouco neste caso fun capaz de convencer a ninguén, nesta ocasión estaban máis interesados en levar leña de balde, sen pararse a pensar que xa eramos os donos dela.

Os dous casos de por si foron graves irregularidades e irresponsabilidades, pero mentres no primeiro os comuneiros e comuneiras non terían a quen botarlle a culpa, no segundo, a irresponsabilidade foi se acaso moito máis grave.

Tanto aquel presidente, como o actual, aducían que non era verdade o que dicía eu, e que de «pasar algo», a Comunidade non pagaría nada. Comentando isto con algúns comuneiros, notase que saben máis do que aparentan, o que pasa é que non-lles interesa quedar «marcados». No canto de outros, a verdade é que non teñen idea, porque a súa resposta o di todo: «se pasa algo, bótome fora da comunidade». Non se decatan que o primeiro que ía facelo xuíz seria pedilo censo, e neste caso non ía a pasar como cando foi do reparto de fondos, que cobraron ata os que non estaba inscrito.

Nesta comunidade tamén teñen claro quen «pagará os pratos», se hai un accidente no seu monte Os comuneiros cerrarán O Facho se a Xunta e o Concello no melloran.
«...Os comuneiros encargaron un informe xurídico que advirte do perigo que corren os visitantes e as responsabilidades que teñen os propietarios».

No hay comentarios: