jueves, 15 de julio de 2010

A prepotencia dos políticos

Que os políticos teñen dúas varas de medir con quen os votamos e lles damos de comer, podémolo ver nesta vella noticia que afecta aos anteriores xestores do bipartito: A Xunta oponse á ampliación da estrada de subida a Monteferro.

«A Consellería de Medio Rural é contraria a unha ampliación do viario de subida a Monteferro que supoña unha invasión da zona forestal».
O que son as cousas, case ao mesmo tempo que os comuneiros desa comunidade aprobaban ampliar esa pista coa oposición manifesta da Consellería, aquí abrían esta atravesando propiedades privadas, sen o consentimento dos seus lexítimos donos e sen ser aprobada pola comunidade. Chegoulles tan só contar coa complicidade dalgúns directivos.
Outro apunte é ese expediente que-lles abriron por marcar árbores para a súa tala.
«A Xunta abriu un expediente á comunidade de montes por haber marcado para a súa talla os centenares de árbores que se verían afectados polo proxecto».
As fotos xa repetitivas, son outro claro exemplo desa incongruencia cando se ten a tixola pola man. Son desa pista que cruzou o agro de meu pai, arriba, e outros, abaixo. Na primeira xa non se ollan os eucaliptos que había e que nos arrasaron, sen embargo abaixo poden ver perfectamente como deixaron todo estrado de eucaliptos.
Xa ven, aquí nin expediente nin farrapos de gaitas, arrasaron con todo como se isto fose unha Ditadura pura e dura. Non me cansarei de repetilo, o que non fixo o franquismo coa nosa propiedade, fixérono os que presumen de demócratas? e defensores dos galegos e da súa terra. Neste caso xa se-lles veu.

Non quero rematar sen apuntar outro dato co que me quedei desa noticia.
«Esta medida disciplinaria tamén se fundamenta na acumulación por parte dos comuneiros de toneladas de restos de podas e que aumentan o risco de que se produzan incendios na zona».
Tamén é pura coincidencia o paralelismo que atopo nesta outra medida disciplinaria que-lles abriran. Aquí foi a propia Consellería por medio da empresa Tragsa a que fixo esta "salvaxada" ou rarea nun perímetro de 9 Has., e non lles tremeu a man para deixar así todo tal e como poden ollar nas fotos, tiradas o 20 de maio de 2006. No circulo azul, poden ollar o flamante pozo contraincendios que recen habíamos inaugurado.
Podería usar máis fotos para que se vise como noutros traballos tamén deixaron "mantas" de toxos a secar, que actuou como se fose pólvora coa chegada do lume. Vamos, que o perigo que vían alí, no viron aquí.

Para rematar, era obrigación dos membros da Xunta Reitora comprobar estes traballos, pero fun o único que o fixo, polo que advertín aos excompañeiros do perigoso que eran eses eucaliptos tirados e que deberíamos facer algo antes de que o mato os cubrise e se nos botase o verán enriba. Obviamente non me fixeron caso e a finais de xullo, nunha asemblea na que sabían que non podía estar presente, lembren que era o secretario,  aínda decidiran pórse a estudala forma de aproveitalos. Lamentablemente o lume foi máis rápido e o resultado foi este.

3 comentarios:

xOsse dorrío dijo...

Alguén debería pagar por tanta neglixencia, non?

Casía dijo...

no sé que vamos a ter que faer con elos
¡haxa salú!

Casía dijo...

Gracias por tu comentario, hace un tiempo que te sigo