lunes, 16 de agosto de 2010

Extraido da web da ORGACCMM

Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñáis en Mán Común
Estrada Xeral de Valadares 233 Vigo

Diante da situación que estamos a atravesar por mor dos lumes forestáis, coa grande desgraza da perda de vidas humanas, pola reiteración dende hái moitos anos déste tipo de feitos, pola serpe de verán que alimenta a clase política e mediática, e así un ano tras outro, Galiza sofre ésta praga dende o franquismo, como unha asinatura sen resolver.

O ICONA, o INFOGA, o PLADIGA, ¿cal vai a ser a outra fórmula? ¿sempre dirixidas ao lume? ¿para todala vida?.

¿Porqué fracasan todalas liñas políticas orientadas hacia éste problema?. Hái máis dunha resposta.

1ª.- Os montes non forman parte da conciencia colectiva como o que són, os 2/3 da superficie galega.

2º.- Os grupos politicos tanto dende os gobernos autonómicos como locáis, non aportan solucións aos propietarios dos montes na procura da súa viabilidade.

3º.- Queda unha parte importante da sociedade rural que segue ocultando aos delicuentes incendiarios, xa que todos eles son dos lugares e parroquias donde se inician os lumes. Ninguén sabe nada.

4º.- Tampouco serve reclamar máis limpeza. O monte non é un xardín. Inviable económicamente e ecoloxicamente. Ademáis, se ninguén lle prendera lume non se falaría dese tipo de “limpeza”. Outra cousa son, as melloras silvícolas ou silvicultura.

5º.- En todo caso, debe de existir unha ordenación do territorio que contemple en función do terreno e a súa localización que tipo de usos ou produccións debe de dar. Ademáis, de ir ligado a unha planificación da defensa do monte real e non guiada en función doutros criterios mais rendibles políticamente. Núcleos ruráis e aplicación da Lei de Incendios de oficio e non a partir de denuncias dos veciños afectados.

6º.- No outono, inverno e primavera, dende ás administracións públicas ninguén se dirixe hacia os propietarios dos montes facendolle saber as súas obrigas (folletos divulgativos, e o único) e tamén os apoios cos que conta para facer rendible a súa terra. Sen valorizar chega o abandono.

7º.- En todo caso, hái que ter sempre garantías para as situacións nos que se produza unha catástrofe. Proposta de plantilla de persoal suficientemente dimensionada, comarcalizada e profesionalizada 100/100, fixa, para tarefas preventivas (silvicultura) e extinción de incendios forestáis. Un bó profesional, bén formado, entrenado, que domine as ferramentas forestáis, que coñeza o territorio, e que conte cunha condición física aceptable, sería o modelo de brigadista forestal e contra incendios.

8º.- O monte galego, composto polos particulares e veciñáis en mán común, necesita dun Consello do Monte Galego (mais aló do Consello Forestal actual), donde se contemple o monte como OBXECTIVO ESTRATEXICO, e se debatan as liñas de futuro. Ahí tería que explicar o Goberno Galego cales son , escoitar propostas, e acadar o consenso necesario.

Por último, dende a OGCMVMC consideramos que sería necesario converxer todalas forzas políticas e sociáis recuperando o Comité de Defensa do Monte Galego, porque ésta situación non pode continuar máis tempo. Urxe un troco radical dos prantexamentos en materia de montes e en consecuencia da política contra incendios.

Tralo paso do verán, non podemos seguir ocultando ésta dramática realidade, sabendo que existe, e agardar a outro verán ou cando o tempo se torne favorable a propagación do lume, para aparecer na escéa e limitarse a venderlle a cidadanía mensaxes satisfactorios se os lumes son pequenos e controlados, como grao de eficacia. E realmente obsceno. E cando os lumes se desmadran entón son os fortes ventos, o terreno dificultoso, a noite que non permite medios aéreos, etc...

Dende ésta organización reclamamos xá o cese do continuismo de políticas franquistas, e prantexar proxectos que fagan recuperar a ilusión polo monte e garantir o séu futuro. Nelo tamén nos xogamos o desenvolvemento da Galiza. Así de claro.

Vigo-Pontevedra, 15 de Agosto de 2010.

Pola OGCMVMC.
Sª de Comunicación Social.
Asdo.: Claudio Quintillán Vallejo

Moito máis simplificado é un pouco o comentario que deixei na páxina dos amigos de Certo no facebook:
Paco do martelo
Independentemente de que os principais culpables dos lumes son os pirómanos, penso que os organismo públicos, comunidades de montes e propietarios privados debemos camiñar cara a outra forma de xestionalo monte.
É doado dicir que falla a prevención, pero cando un percorre os catros puntos cardinais de Galicia dáse conta que iso é totalmente imposible. Como dixen aquí, en Nebra xa ardía nos anos 50 e como din os máis vellos, había épocas do ano no que non tiñan onde apañar un carro de batume e ían a por el hasta Xamiñón, moi preto de A Graña.
E fíxense neste outro na páxina do alcalde de Noia:
Isabel Veiras Manteiga
Que bagoa!!!!! Cando se extinguirá este terrorismo? Eu creo que nunca. Non tardaba moito, María. Si botas unha ollada ó rexistro de incendios forestais (non sei se agora existira pero na miña casa lémbroo toda a vida) comprobarás que a meirande parte deles eran no mes de setembro, posiblemente debido ó vento do nordés.
O que non é nada doado de comprender son os obxectivos que buscan os terroristas incendiarios. E incomprensible, pero en Asturias, cun clima similar, apenas se rexistran incendios. Disque porque a meirande inversión dáse na prevención (limpeza) sen embargo, cando ICONA mantiña os montes limpos coma unha patena, que ata o batume para estrar os porcos tiñamos que mercar, e con especies autóctonas, tamén se producían incendios. A mediados dos anos 70 aquilo foi desolador e o que máis chamaba a atención era que ano tras ano queimaban nos mesmos puntos (caso Tremuzo).
O motivo de que non engada ligazóns é que para acceder aos comentarios é preciso estar rexistrado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.