lunes, 20 de septiembre de 2010

Acontecía fai tres anos

Na páxina de hoxe da Organización Galega de Comunidades de Montes, baixo unha perspectiva: díxose onte, reflexa esta nova do 20 de setembro de 2007:
CMVMC Pinzás (Tomiño): Medio Ambiente ve insostible dar servizo nun monte a 2.400 persoas.
A Consellería de Medio Ambiente freou a construción, por motivos estritamente ambientais e de sustentabilidade, dunha urbanización de algo máis de 800 vivendas nun monte comunal da parroquia de Pinzás, no municipio pontevedrés de Tomiño
Tiña entendido que os montes comunais non se podían urbanizar e como máximo, podíanse ceder para diversos usos agrícolas ou forestais, por un espazo de tempo non superior a 30 anos, pero vendo novas que están acontecendo actualmente nalgunhas comunidades e esta de fai tres anos, onde a Consellería de Medio Ambiente freou esta iniciativa só por motivos ambientais e de sustentabilidade, non por outros motivos, non me estraña que cada vez máis moitos poñan os seus ollos nos montes, pero non para revalorizalos, se non para valerse deles.

O que xa me parece máis estraño e curioso, é que neste caso formacións políticas tan opostas radicalmente coincidiran: «o proceso iniciouse hai dous anos, co goberno local do PP, e agora está en mans dun tripartito dirixido polo BNG en alianza co PSOE e centristas».

A noticia era tan importante, que xerou cinco páxinas.

Medio Ambiente ve insostible dar servizo nun monte a 2.400 persoas
O núcleo multiplicaría por 15 a poboación local e tería máis habitantes que 87 municipios
Patrimonio e Medio Rural xa desaconsellaron o proxecto
«Onde agora mesmo non hai máis que toxos está o futuro dos nosos fillos»
A normativa de avaliación ambiental impón máis condicións aos concellos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.