jueves, 7 de octubre de 2010

ECO2XORNADA en Quilmas

Colectivo Raínha Lupa
Estimad@s tod@s:

O Domingo 10:10:10, día pela redución de CO2 na atmosfera a 350 ppm, terá lugar en Quilmas-O Pindo (Carnota) unha xornada reivindicativa e de reflexión sobre a gran carga contaminante que está a supor para a terra os malos hábitos de "desenrolo" do ser humán. As visións a curto prazo poñen en perigo a vida, tal e coma agora a conhecemos, no nosso planeta. A xornada terá como obxectivo analisarmos as posibilidades que temos de influir no nosso entorno mais próximo para realizar trocos substanciais na sociedade e como reducilo impacto sobre o medio natural.

Esperamos que poidades asistir.

Pertas

Para calquera información: casadareinalupa@hotmail.com

Aquí poden coñecer algo máis sobre os traballados levados a cabo polo colectivo Raínha Lupa de Quilmas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.