sábado, 6 de noviembre de 2010

Feira Internacional de Silleda

Exposición de animais na Feira Internacional de Silleda.

No primeiro fotograma, ollando como o paisano comproba o ubre da vaca, ven á miña lembranza un anécdota que viña nun libro que tiña o meu mestre, Juan de Castelo de Quintáns, cando aínda era un rapaz. Mestre todo hai que dicilo, de moitas xeracións de rapaces, rapazas e maiores de Nebra e doutras parroquias.

Estaba unha rapaza de Fisterra cunha vaca cando un chalan se-lle interesou por ela, preguntándolle, a vaca pega?.
A rapaza díxolle, hai non señor. Entón o chalán comezou a darlle voltas e a ollala máis de preto, pero cando lle tocou no ubre, a vaca soltoulle unha patada.
Todo cabreado pregúntalle, pero non dicías que non pegaba? Dixen si señor, pero se a min tamén me toca nesa zona, leva outra patada.

No hay comentarios: