sábado, 20 de noviembre de 2010

Reflexións en voz alta

Contei os meus anos e descubrín, que teño menos tempo para vivir de aquí en diante, que o que vivín até agora...

Síntome como aquel mozo que gañou un paquete de lambetadas: as primeiras comeunas de bo grado, pero, cando percibiu que quedaban poucas, comezou a saborealas profundamente.

Xa non teño tempo para reunións interminables, onde se discuten estatutos, normas, procedementos e regulamentos internos, sabendo que non se vai a lograr nada.

Xa non teño tempo para soportar absurdas persoas que, a pesar da súa idade cronolóxica, non creceron.

Xa non teño tempo para lidar con mediocridades.

Non quero estar en reunións onde desfilan egos inflados.

Non tolero a manobreiros e chantaxistas.

Moléstanme os envexosos, que tratan de desacreditar aos máis capaces, para apropiarse dos seus lugares, talentos e logros.

Detesto, si son testemuña, dos defectos que xera a loita por un maxestoso cargo.

As persoas non discuten contidos, apenas os títulos.

O meu tempo é escaso como para discutir títulos.

Quero a esencia, a miña alma ten présa...

Sen moitas lambetadas no paquete...

Quero vivir á beira de xente humana, moi humana.

Que saiba rir dos seus erros.

Que non se envanezca cos seus triunfos.

Que non se considere electa antes de hora.

Que non fuxa das súas responsabilidades.

Que defenda a dignidade humana.

E que desexe tan só andar ao lado da verdade e a honradez.

O esencial é o que fai que a vida vala a pena.

Quero rodearme de xente, que saiba tocar o corazón das persoas.

Xente a quen os golpes duros da vida, ensinoulles a crecer con toques suaves na alma.

Se teño présa? si, por vivir coa intensidade que só a madurez pode dar.

Pretendo non desperdiciar parte dalgunha das lambetadas que me quedan.

Estou seguro que serán máis exquisitas que as que até agora comín.

A miña meta é chegar ao final satisfeito e en paz cos meus seres queridos e coa miña conciencia.

Espero que a túa sexa a mesma, porque de calquera xeito chegarás..."

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.