jueves, 25 de noviembre de 2010

Salvando as distancias

Beirarrúa «verde» en Cáns
Hoxe de novo toca falar dos distintos xeitos que vexo que teñen algunhas Xuntas Reitoras de facelas cousas, mentres unhas aplican as regras democráticas, e gústelles ou non, acatan o que decida a maioría, outras pasan de subterfuxios legais e simplemente aplican a Ditadura pura e dura.

Así vemos como no mesmo ano en que dous ou tres directivos e Medio Rural lle chantaron esta pista no medio do agro a meu pai, a comunidade de montes de San Xoán de Laíño pretendía recuperalo atrio da igrexa

Obsérvense as diferenzas de respecto sobre as propiedades privadas duns e outros. Alí antes de nada consultaron como era preceptivo co Arcebispado. Aquí primeiro debían sometela proposta á Xunta Reitora, logo falar cos propietarios e de acadalo pertinente permiso de TODOS, sometelo a votación nunha Asemblea Xeral. Noutra Xunta Reitora aínda máis irrespectuosa que esta, déronse casos de que aprobaron cousas que logo ao sometelas a asemblea, fóronlles rexeitadas. Estes non, fanas e punto e se non nos gustan, temos que achantar e calar.

Tamén vemos que contaban co visto e prace da Dirección Xeral de Patrimonio, o que aquí equivalería a Medio Rural, que o daría ou negaría unha vez examinada a documentación que-lle debía entregar o secretario «eu», como seria a copia da acta e a certificación do acordo. Pero como ben dixen, nin entreguei nada, nin podía porque XAMAIS se tratou o tema e porque fun o último en ter coñecemento desta EXPROPIACIÓN POLAS BRAVAS.

O máis curioso é que tal e como relata a Xunta Reitora de Laiño, moitos dos que se opoñen á medida nin sequera teñen un título de propiedade da sepultura. Obsérvese de novo a gran diferenza, aínda sabendo que eses veciños non teñen o título respectan a súa decisión, a meu pai que si o ten e por iso cando se nos expropiaron os montes se-lle recoñeceu o enclavado, nin tan sequera lle deron esa oportunidade de decidir por si mesmo e os responsables de Medio Rural, nin tiveron a decencia de pedirlle desculpas.

Cando se fala nalgúns medios de que hai xente que trata de recuperalo que-lle foi expropiado pola Ditadura, ten gracia que unha institución democrática? como é a Xunta de Galicia, usase os mesmo métodos, salvando as distancias, para realizar esta expropiación ilegal a todas luces.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.