miércoles, 1 de diciembre de 2010

As eólicas espolian aos veciños coa connivencia da Xunta

A simple visto este título poderíaos levar a engano se ultimamente accederon a algunhas editoriais ou artigos especializados na prensa sobre o recente Plan Eólico aprobado pola Xunta e o seu presunto intento de privatizalos montes comunais coa aprobación da futura nova Lei de Montes. Pois non, esta entrevista que copio e pego literalmente, aínda que-lles deixo a súa ligazón, publicouse o 30 de novembro de 2006.

Este artigo ven relacionado hoxe na páxina da Organización Galega de Comunidades de Montes, concretamente na súa sección: UNHA PERSPECTIVA: DÍXOSE ONTE

1_Decembro_do_2.006: CMVMC Argozón (Chantada): «As eólicas espolian aos veciños coa connivencia da Xunta» // en quente: qué desenvolvemento rural co expolio xeral?.
Entrevista integra a: José Antonio Diéguez
José Antonio Diéguez coordina o grupo eólico de Unións Agrarias, e asesora a propietarios de montes por todo o país para que obteñan compensacións xustas

Para que non cunda o exemplo do parque eólico do Faro, en Chantada. Esa foi a primeira liña de traballo do grupo eólico de Unións Agrarias, que no verán convertiuse en asociación, Vento Noso. Á súa fronte está José Antonio Diéguez, presidente dos comuneros de Argozón que manteñen un intenso litixio coa propietaria dos vintetrés aeroxeneradores instalados nos seus terreos. Dende o principio non estiveron dacordo nin co prezo, nin coas formas. «É o expoñente clásico de como non deben facerse as cousas», asegura Diéguez, quen agora ofrece charlas e asesoramento por toda Galicia.

-¿É igual a situación en todas partes?
-Non, nin de preto. Hai sitios de Galicia onde as empresas pagan ata sete mil euros ao ano por aparato e con potencias inferiores ás dos aeroxeneradores de Chantada. Aquí cóbrase menos da metade. A clave está na información dos propietarios, que deben coñecer os seus dereitos para non deixarse asoballar.

-¿Por exemplo?
-Que unha expropiación non é negativa. Ó contrario, conséguense mellores prezos que os que ofrecen as eólicas de partida, pero hai que seguir un proceso lento que mellorará tras a creación do Tribunal Único de Expropiación de Galicia. O que tratamos de conseguir é que se recoñeza o chan ocupado por muíños como solar eólico.

-¿En que cambiaría as cousas?
-Resulta fundamental entender que o terreo sobre o que se colocan aeroxeneradores non é rústico a secas. A diferencia radica no seu valor, que é anterior á chegada da eólica. Alí xa había vento, polo que a riqueza non a crean eles. O vento non ten dono, pero o terreo si. Iso de momento non se recoñece e as empresas eólicas están espoliando aos propietarios coa convivencia da Xunta.

-¿Que propoñen para evitalo?
-Un contrato social, no que os intereses de veciños, empresa e administración saian beneficiados. En Alemaña ou Dinamarca os propietarios reciben o 20% do beneficio da produción enerxética. Nós pedimos o 10%, pero para os propietarios, non para a Administración como propuxo a Xunta. Na actualidade, en Galicia os veciños reciben o 1,5% do beneficio, e iso nos mellores casos.
As preguntas son obvias.
Por qué esa diferenza abismal entre o que se recibe un propietario alemán ou danés, con respecto a nós?
Ata que certo punto somos donos do monte, se uns e outros buscaban e presuntamente acadaron, que a Administración se quede coa maior parte dos beneficios que producen gracias ao vento que sopran sobre eles? Porque nisto coincido con José Antonio: O vento non ten dono, pero o terreo si.
Se escriben no seu buscador: Plan Eólico, atoparan moita máis información dos pros e contras do aprobado antes e agora, tanto a nivel político, ecoloxista, persoais ou prensa, polo que obvio enlazar ningún para evitar "conflitos diplomáticos".
Agardemos, iso si, que máis cedo que tarde, saibamos o que de verdade se "coce" nos despachos sobre este tan traído Plan Eólico e a Nova Lei de Montes.

2 comentarios:

  1. ¡puñeteros molinos! tarde o temprano los ayuntamientos se darán cuenta de su metedura de pata y será tarde, solo sirven para llenar los bolsillos de algunos, hay que hacer negocio con lo que sea

    ResponderEliminar
  2. É unha engañifa para todos. Estes, e os de antes (Psoe e PP) están a engañarnos dende que comezou a democracia. Están a malvender o país ás multinacionais (o que lles deixou Franco, véxase Fenosa que era do Barrié, amiguísimo de Franco; véxase Telefónica, que custou medio século dos cartos de todos, etc).
    O dos muíños é máis do mesmo: expóliannos como unha colonia. Mirade os cartos que deixan nos concellos: http://www.galiciaconfidencial.com/nova/6676.html

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.