martes, 28 de diciembre de 2010

Curiosidade

É curioso erguerme e ao revisar o correo atoparme, entre todos ese avisos do facebook, de viagras e de lotarías que me tocan na fin do mundo, un dun veciño do Son. Resulta que este meu veciño nun acto de reflexión, pídeme desculpas por ter depositado lixo a carón do contedor que temos en Quintáns (quizais é que nalgunha das miñas fotos recollese algo da súa propiedade e lle deron un toque?).

Lonxe do meu abraio ante tal correo e tal declaración, axuntou un vídeo que, a petición do mesmo, comparto cos lectores do blogue, onde da desculpas e nos lembra como; todos deberiamos ser conscientes de desfacernos do lixo en condicións sen prexudicar a ninguén.

http://www.youtube.com/watch?v=Jdv_vZwB_-M

2 comentarios:

  1. Jajajaja
    Boaaa (caemos coma parvos)... A culpa é nosa por lerche! Lercho! XD

    ResponderEliminar
  2. Menos mal que hoxe me recomendaches facerme amigo do padre Teixugo De Toxosoutos... agardo que me absolva.

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.