sábado, 25 de diciembre de 2010

Tivo que chegar Papa Noel!

Este Nadal os veciños e veciñas de Quintáns obtivemos de Papá Noel o agasallo máis grande que podíamos agardar ante a situación de desamparo e insalubridade que estamos a sufrir continuamente a carón das nosas casas. Así de resplandecente deixounos agora a zona, moi diferente a como estaba como poden ver nas fotos de abaixo, ou aquí fai tres semanas.

A responsabilidade de que isto estea así tanto tempo compártoa co goberno de quenda; empresa responsable da súa recollida e a xente irresponsable que na maioría dos casos tira o que non debe, e o que é peor, incumpre a normativa vixente. Así por exemplo temos que o día oito un camión de FCC recolleu parte da vasoira que poden ollar na ligazón, deixando a que ven nestas tres fotos, máis a que alguén tirou o día que as tomei. Un exemplo son eses sacos de patacas podres, máis a que tiraron ao chan.

Debeu ser tanto o traballo que tivo Papa Noel, que non puido pasar pola Aguieira, A Pardiñas ou Boa, aínda que esas zonas non teñen punto de comparación co que pasa na nosa aldea.

2 comentarios:

  1. Como te pasas Paco! Se Papá Noel cargou con iso, non queremos nin imaxinar a quen lle deixou semellante "recado"! Moi mal se tivo que portar o destinatario de todo ese lixo!

    ResponderEliminar
  2. Algo si que me paso, pero é que meter a algúns no cortello dos córranchos é non quererlles aos pobre animaliños. O que me sigo preguntando é como agora "algúns" non ven, nin lles "molesta" ver esta "merda".

    É certo que non temos Punto Limpo, culpa dos políticos e algún directivo local, pero diso a que por exemplo, se tiren os residuos orgánicos fora do contedor axeitado e sen bolsas, é para meterlles un "paquete".
    Os escombros das obras tampouco son para tirar aquí ou no monte, como esta acontecendo ultimamente. Onte comentábanme uns veciños cando lles dixen que un tractor deixara un agasallo nunha propiedade privada, que eles tamén habían visto un coche e outro tractor seguíndoo cargado con escombros cara ao centro de Nebra... para onde ían ninguén soubo dicilo, pero é doado adiviñalo.

    ResponderEliminar

Para poder comentar só pido sentido e respecto.