lunes, 31 de enero de 2011

Aprobaremos algún día un presuposto?


Dende que en maio de 1979 se nos devolveron os montes, na nosa comunidade non houbo unha Xunta Reitora que se "atrevese" a elaborar un presuposto anual. O xeito de funcionar é a base de improvisación, xa que mentres haxa cartos no banco o máis práctico é tirar de chequeira sen "esprimilos méollos".

Así tamén é máis doado adxudicar obras a "xornal", como se isto fose un coto privado dalgúns e non unha comunidade de montes. Na miña supina ignorancia digo eu que os comuneiros estamos para algo máis que dicir: Amen, si Señor... aínda que á vista dos antecedentes, que queren que-lles diga?.

Os comuneiros de Meira aproban un orzamento de 259.900 euros antes de iniciar un período de austeridade.
A asemblea xeral dos comuneiros de Meira que se celebrou onte no colexio de Reibón serviu para aprobar, por unanimidade, un orzamento que contempla un gasto de 259.913 euros. De ingresos só estima 53.000 euros e a directiva achácao ao gasto extraordinario que supón a última fase das obras para acondicionar o local social da Fanequeira. Trátase dun pago de 87.000 euros. Este desfasamento orzamentario cubrirase co remanente negativo procedente das expropiacións do Corredor. Iso si o presidente, Luís Lemos, advertiu que esas reservas, que permitiron remodelar o local ao longo do último ano, estanse acabado e que a partir de 2012 os orzamentos deberán ser moito máis austeros.

Tamén se aprobaron sen oposición de ningunha das 200 persoas presentes as contas do último exercicio, no que se investiron 304.000 euros e ingresáronse 150.000. Neste sentido, a xunta directiva criticou que no último ano non recibiron subvencións da Deputación nin da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, o que lles obrigou a cancelar o proxecto de recuperación de petroglifos.

Entre o resumo dos traballos feitos atópanse actividades silvícolas, plantacións e talas preto das casas, realizados por unha cuadrilla de catro persoas que mantén o colectivo con recursos propios.

Tamén se deron conta doutras actividades como o carreiro de madeira construído para acceder á mítica Pedra Morcegueira.

Así mesmo, quedou aberto o prazo para a presentación de candidaturas á xunta. As eleccións serán o 26 de marzo e este prazo conclúe dous días antes.

Fonte: Faro de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.