sábado, 29 de enero de 2011

Xa non se respecta nada

Por desgracia xa comeza a ser demasiado habitual que a xente se dedique a tirar escombros en propiedades privadas, como aconteceu hoxe no lugar de Caxade, a carón da pista que vai dende A pedra do Lobo ata o Sanguiñal.

Afirmo con rotundidade que foi hoxe e non creo que me trabuque se digo que por minutos non "pillei" ao infractor, porque mentres ao redor estaba mollado, o escombro e o po aínda estaban secos.

Para os que non coñecen a zona, direi que moi preto hai uns vestixios antigos, que mesmo obrigaron a varialo percorrido da pista, medio cento de muíños coma o da foto e esa pontella da mesma época, xa que era para poder achegarse aos que estaban ó outro lado do río. Hai dereito a cometer este tipo de atrocidades?.

Quedémonos mellor con estas outras imaxes!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.