jueves, 10 de febrero de 2011

Os estatutos están para ser cumpridos

Aínda que este artigo teña oito anos, segue estando moi vixente. Efectivamente, os estatutos das comunidades de montes están para ser cumpridos, pero cando algún dos seus directivos se rexe por formas ditatoriais máis que demócratas, ollase que están demais. No tocante á nosa comunidade, de vez en cando pregúntome para no seu día lle pagamos a un avogado para que no-los fixera.

Tamén é verdade que os secretarios están para algo máis que ser meras comparsas do presidente de quenda ou redactalas actas. A súa obriga é asesorar na medida das súas posibilidades aos comuneiros e comuneiras e cando xurda algunha dúbida entre todos, de común acordo deberían buscar un asesoramento externo, pero o que non pode facer ningún presidente democrático é expulsalo, só porque non lle deixe manexala comunidade ao seu libre albedrío, coma se fose del.
A Comunidade de Montes de Noalla debería iniciar onte un novo proceso coa renovación da súa xunta directiva. Con todo, nun exercicio de auténtica democracia, o secretario negouse a avalar un proceso que non cumpría estritamente o marcado nos estatutos, esas normas internas que rexen o funcionamento deste tipo de colectivos pero que en moitas ocasións óbviase.

Varios comuneiros manexaron onte o libro de estatutos consultando os posibles erros cometidos e tratan de facer as cousas axustadas á legalidade. O único erro de Roberto Garrido foi non presentar a candidatura o pasado día 30 de xaneiro, data en que expiraba o prazo para facelo, cos 14 nomes que a compuñan. Garrido confiou en que ir incorporando membros á súa candidatura ao longo dos días, até onte, sería suficiente, pero na asemblea tivo que enfrontarse ao funcionamento real da Comunidade de Montes, até agora dirixida por persoas como Porfirio Fernández, que non están dispostas a consentir que os estatutos sexan interpretados, senón cumpridos ao pé da letra.

Esta actitude tan estrita serviu á Comunidade de Montes de Noalla para iniciar un proceso de reclamacións xudiciais en defensa dos intereses da parroquia que deu resultados positivos. Por iso os comuneiros reclaman a continuidade na liña de traballo.
Fonte orixinal: Diario de Arousa

No hay comentarios: