lunes, 7 de marzo de 2011

O respecto comeza por un mesmo

Toda fin de semana pendente da reposición semanal das noticias no canal TV27, antiga Barbanzatv, onde o noso presidente criticaba a actitude da actual Consellería do Medio Rural, pero lamentablemente suprimiuse esa nova e non podo elaboralo vídeo para que se-lle vise a súa dobre vara de medir.

A intervención foi realizada con motivo da convocatoria da Asemblea Ordinaria da Organización Galega de Comunidades de Montes, que se celebrará o próximo sábado, día 12, na Casa de Cultura de Porto do Son e a critica baseouna en que a Xunta quere aprobala nova Lei de Montes sen consensuala cos comuneiros. Non teño nada que obxectar ante a súa crítica por dous motivos, está no seu libre dereito (algo que non vía cos mesmos ollos cando eu valéndome dese mesmo dereito fixen o mesmo cando gobernaban outros) e porque de momento descoñezo todo o relativo á tramitación de dita lei.

O que si teño claro e que o señor presidente tenta aplicar este dito ou refrán: Fai o que che digo e non fagas o que eu fago. Leva camiño dun ano sen convocar unha asemblea xeral e como se pode comprobar no estado de contas que aporto, adxudicou traballos presuntamente só co visto e prace dos vogais, sobrepasando os gastos o acordo asembleario, que poden ollar arriba.

Sobre o pago de 14.134,37 €, realizado a Tarrio y Suárez, obviou a miña intervención dicíndolle aos comuneiros e comuneiras que como parte dese pago era produto dunha subvención, entendía que non sobrepasara o aprobado nesa asemblea.

Cando se efectuou a obra que xerou o pago de 19.090,00 € abonado a Isidro Mayán, contestoume que tamén o aprobara a Xunta Reitora (adxudicarana directamente sen solicitar presuposto a outros contratistas, nin nada parecido, porque segundo el, son cousas que só me gustaban a min). O curioso é que á hora da verdade este pago sobrepasou con creces a potestade que a Xunta Rectora ten conferidas en base a esa acta, polo que estariamos ante unha grave irregularidade.

Xa obvio como en convivencia cos anteriores xestores da Conselleria do Medio Rural lle expropiou parte do agro a meu pai ou como permite o uso e desfrute dos nosos peches gandeiros, sen que esa cesións fosen aprobadas en ningunha asemblea xeral. Iso si, agora parece que esta moi preocupado porque presuntamente a Xunta de Galicia nos queres sacalos montes? Vaia hipocrisía.


No seu día nesta comunidade tiñan ben claro os gastos que podía acometela súa Xunta Reitora e cales non, aquí, máis de 200 comuneiros e comuneiras ou non se decatan ou non queren decatar, que é peor.
Un sector dos comuneiros de Marcón pedirán a dimisión da actual xunta directiva na asemblea ordinaria convocada para este mesmo domingo.
A reunión celebrarase ás once da mañá na casa parroquial e no caso de que a xunta que preside José Cuñarro non dimita, os disidentes exporanse a presentación dunha moción de censura, segundo indicaron onte os seus portavoces.
A asemblea exponse para aprobar o orzamento deste ano, que o sector crítico non está disposto a secundar. Consideran os disidentes que a directiva debese repartir entre os comuneiros parte do diñeiro -uns 4 millóns de euros- obtidos pola expropiación do Campiño, antes de seguir facendo obras.
Ademais, alegan que moitas das obras e gastos realizados superan os 3.005 euros polo que necesitarían a aprobación da asemblea e non só da xunta, como se recolle nos estatutos recentemente modificados.
Critican tamén a mala xestión na limpeza do monte e o aluguer de terreos comunitarios sen contar coa aceptación dos comuneiros.
Texto da noticia en castelán

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.