jueves, 14 de abril de 2011

Alguén entende algo?

Seguramente a Conselleira do Medio rural e a Policía Autonómica, adscrita a Consellería de Presidencia teñan unha explicación, pero eu dende logo non concibo que cando a uns particulares se-lles escapa unha queima controlada sexan detidos con toda publicidade, e sen embargo cando a culpable é a administración, non pasa nada e quitáselle ferro ao asunto. O venres arderon 410 hectáreas en Bande e só acertan a dicir: O feito, feito está.
A Policía Autonómica arrestou a dous sonenses como presuntos autores dun lume forestal

Dous homes, veciños de Porto do Son, foron detidos como presuntos autores dun incendio forestal no municipio sonense por neglixencia grave, segundo informaron onte fontes da Consellería de Presidencia.

Concretamente, o lume polo que estes homes foron arrestados pola Policía Autonómica rexistrouse no lugar de Carballal, na parroquia de Xuño, o pasado 28 de marzo.

Segundo indicaron desde a Xunta de Galicia, a causa do incendio foi a neglixente realización dunha queima forestal que se descontrolou e que obrigou a intervir aos medios de extinción autonómicos, afectando finalmente a unha superficie de 7.700 metros cadrados de monte arboredo. O Xulgado de Primeira Instancia Número 2 de Noia é o que se encarga de instruír as dilixencias.

O lume forestal polo que foron detidos estes dous veciños de Porto do Son é só un máis dos rexistrados na comarca nas últimas semanas. Sen ir máis lonxe, o luns producíronse na zona tres incendios, nos municipios ribeirense, sonense e noiés, debidos, ao parecer, a queimas de restrollos que se descontrolaron.

Mentres, onte mesmo e tamén na comarca, o termo rianxeiro foi escenario doutro lume que obrigou a intervir aos equipos de extinción da Xunta de Galicia.
Fonte: La Voz de Galicia
Unha queima pedida á Xunta polos cazadores arrasou o monte de Bande.

A fonte de O Vieiro, que o pasado venres foi salvada por membros do servizo de protección civil banduense das chamas que calcinaron 410 hectáreas entre Bande e Verea, foi o escenario da reunión mantida onte entre os responsables de Medio Rural, liderados por Samuel Juárez, con veciños e comuneiros do Monte Grande, así como os efectivos que interviñeron no inicio do incendio 'que parece ser que foi unha queima da propia consellería a petición dunha sociedade de cazadores da zona', recoñecía Juárez.


O responsable do departamento instou a 'non adiantarse as investigacións' que poderían pecharse esta mesma semana e esperar para ver todos os elementos, 'os medios que estaban e actuáronse correctamente'. Así mesmo, recoñeceu que 'sorprende un pouco, confirmar, as consecuencias que tivo o posible fallo non procedemento' e asegurou que 'se houbo responsabilidades, depuraranse. E se hai que corrixir algunha cuestión non procedemento, farase'.

Acompañado dos alcaldes da zona, Juárez realizou un pequeno percorrido polas inmediacións, aínda que non quixo pronunciarse sobre a falta de medios que esta semana reclamaban traballadores das brigadas. O que si asegurou foi que 'eran os habituais nunha queima destas características' e que 'as queimas controladas son unha práctica que ten máis beneficios que contraindicacións'.

Comuneiros e cazadores, coas imaxes do incendio aínda nas súas retinas, mostraron a súa disposición para 'traballar' e 'recuperar' o monte da man da administración. 'O feito, feito está'. Agora toca facer unha boa coordinación entre todos', aseguraban os comuneiros.

Coa mesma contundencia que o primeiro día, o rexedor de Bande, José Antonio Armada, instou á Xunta 'a dirimir responsabilidades' sobre a orixe do lume e 'rexenerar un monte simbólico para Bande, onde arderon árbores de 40 anos'. Desde Medio Rural, que onte anunciou a suspensión dos permisos de queimas, confirmou o seu apoio a 'emendar e repoboar esta zona' onde parte das 80 hectáreas de arboredo queimado eran froito dun convenio de explotación forestal entre a Xunta e as comunidades de montes.
Fonte: La Región

Outro exemplo da dobre vara de medir: O Exército incendia o monte

No hay comentarios: