viernes, 29 de abril de 2011

Onde está a conciencia dos políticos?

Á vista das ligazóns que recolle hoxe a páxina da Organización Galega de Comunidade de Montes, de abril de 2007 e 2008, cando gobernaba o bipartito, e dunhas imaxes que tomei o ano pasado na Serra, un ten a sensación que aos políticos só lles interesa o noso Patrimonio cando é para tirarse os trastos.

Como é posible que para rozar esta zonas tan emblemáticas, se usen grandes tractores con cadeas en vez de facelo manualmente?. É verdade, son catro pedras, pero dende logo con máis valor que calquera político.

As imaxes falan por si solas, xulguen vostedes.

A pista de «mountain bike» aprobada pola Xunta afecta a catro petróglifos

Foto: La Voz de Galicia
A Arca do Barbanza estivo ameazada por unha reforestación

Nesta ligazón poden ollar as fotos da ameza na que se houbo de ver implicada a que está considerada como a catedral megalítica do Barbanza. Arriba vista do túmulo funerario sinalizado co número 5, e abaixo as marcas e rotura de pedras causadas durante a limpeza do seu entorno.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.