martes, 19 de abril de 2011

Só os prepotentes abusan do poder que teñen


Novamente aproveito unha noticia para amosarlles aos directivos e aos implicados na expropiacion ilegal cometida contra meu pai, que non tiñan ningún dereito a facelo que-lle fixeron, por moito que sigan empeñados en dicilo contrario. Vexamos se non, como actúa a propia Administración, agora en mans de outra xente, cando son os propios comuneiros os que abren pistas sen o seu permiso e iso que aquí era para comunicar dous pobos.

A foto de hoxe correspondese a outra pista aberta sen ser aprobada pola Xunta Reitora e pola Asemblea Xeral, pero neste caso, ao contrario do que aconteceu coa agro de meu pai, si que imploraron permisos, porque houbo algúns comuneiros que se-lles fixo de rogar e iso que tal e como puiden constatar, non ollei que lles dividisen a propiedade. Outra cousa que puiden comprobalo pasado domingo, neste caso si que-lles habilitaron as entradas. Insisto, todo o contrario a nós, que incomprensiblemente seguimos sen poder servirnos pola pista.
A Consellería de Medio Ambiente impuxo unha multa de 6.000 euros á comunidade de montes de Ernes (Negueira de Muñíz) por abrir sen permiso un camiño dun quilómetro entre este pobo e Escanlar. A Administración argumenta que a vía está na Rede Natura e que sería necesaria autorización para facela.

O alcalde de Negueira, José Manuel Braña, admite que a sanción está fundamentada porque non se pediu permiso para abrir o camiño, pero considéraa «moi inxusta» porque «nin dan permiso nin cartos para obras e, cando os veciños toman a iniciativa, van contra eles».

Braña explica que a Ernes non se pode acceder desde Negueira e a única intención dos comuneiros ao facer o camiño era mellorar as comunicacións dun territorio illado. Avanza que apoiará aos veciños para que recorran a sanción, que aínda non é definitiva, e critica a falta de «sensibilidade» de Medio Ambiente.
Fonte orixinal: aquí

No hay comentarios: