lunes, 11 de abril de 2011

Suspendidas as queimas

Medio Rural suspende HOXE os permisos de queimas ata novo aviso

Lembrar que está totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, inda que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con vento a normativa prohibe sempre o uso do lume

Ante as previsións meteorolóxicas adversas para as próximas horas e días, con vento moderado do nordés e altas temperaturas, a Consellería do Medio Rural decidiu suspender, ata novo aviso, a concesión de permisos para a realización de queimas nos montes galegos.

Esta decisión ten efectos inmediatos, polo que este vindeiro luns, 11 de abril, será o último día para realizar estas queimas.

Deste xeito, queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con vento a normativa prohibe sempre o uso do lume.

Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas previstas para os vindeiros días.
Esta orde anula calquera permiso de queima que se tivese con anterioridade hasta novo aviso. A anterior suspensión foi vulnerada por algunha xente co pretexto de que non habían visto a televisión. Notase que os responsables de que se cumpra a orde non vixiaron moito, pero a xente debese dar conta que se deteñen aos que-lles escapa o lume con tódolos permisos en regra, imaxinen o que-lles pode pasar se-lles escapa nestes días. Lembren que o descoñecemento da Lei, non exime do seu cumprimento.

No hay comentarios: