miércoles, 11 de mayo de 2011

Medio Rural suspende os permisos de queimas ata novo aviso

Actualizado o mércores, 11 de maio de 2011 ás 08:34
Cómpre lembrar que está totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con vento a normativa prohibe sempre o uso do lume

Ante as previsións meteorolóxicas adversas para as próximas horas e días, con vento moderado do nordés, a Consellería do Medio Rural decidiu suspender, ata novo aviso, a concesión de permisos para a realización de queimas nos montes galegos.

Deste xeito, queda totalmente prohibido levar a cabo este tipo de labores, malia que a persoa responsable da queima teña unha autorización previa da Consellería, dado que con vento a normativa prohibe sempre o uso do lume.

Trátase dunha medida preventiva, que se adopta tendo en conta as condicións climáticas previstas para os vindeiros días.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.