sábado, 7 de mayo de 2011

O saber non ocupa lugar

A isto me refiro moitas veces cando digo que se os directivos, vogais ou comuneiros non estamos a altura de como xestionala comunidade ou como podemos facernos respectar, a Organización Galega de Comunidade de Montes ben facendo dende fai anos cursos de aprendizaxe ás comunidades que llo demanden.
Celso Milleiro, portavoz da Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común, ofreceu onte asesoramento ao presidente dos comuneiros do Campo e Pena de Arriba, na parroquia de Troáns (Cuntis). Nunha carta aberta, Milleiro Fariñas referiuse á intención do Concello de negociar cos veciños unha expropiación de cen mil metros cadrados de monte para a construción dun segundo parque empresarial na localidade.

O representante da organización galega afirmou que do mesmo xeito que sucede cos parques eólicos a implantación de polígono industriais estase convertendo nunha práctica similar a unha «estafa» para as comunidades de montes.

Escarnio

Celso Milleiro chegou a cualificar de escarnio a oferta do Concello e fixo fincapé en que o colectivo ao que representa está disposto a manter cos comuneiros do Campo e Pena de Arriba as reunións que sexan necesarias para asesorar e facilitar aos veciños as ferramentas para defenderse.
Fonte: La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.