viernes, 20 de mayo de 2011

A política na pista de Nebra á Graña

Como xa é a segunda vez que nun debate sobre a política do Concello sae a relucir unha pista de Nebra que Manuel Tomé presuntamente se negou a que se asfaltase e onte no mitin do BNG, na casa de cultura, volvín a escoitar a mesma "canción", convén poñelos en antecedentes e que cada un saque a súas propias conclusións, porque non se pode tirala pedra e agochala man.

Esta "historia" comezou aos poucos meses de tomar posesión coma secretario da comunidade, concretamente cando se me fai entrega diversa documentación entre a que se atopaba o Plan Hidrolóxico deseñado pola Xunta de Galicia o ano 2003.


Este plan foi froito do primeiro intento serio de conciliar as comunidades de montes e os gandeiros, para que rematasen dunha vez os conflitos latentes no Barbanza. Para ilo Nebra cedeu a parte máis alta do noso monte para uso exclusivo gandeiro, delimitado por un peche que sufragaría integramente a Xunta, evitándose así, que no sucesivo as plantacións comunais é as propiedades privadas se visen arrasadas polos animais.

Non era de recibo que mentres as comunidades recibíamos subvencións para repoboalos montes, os gandeiros recibíanas polo gando que no las comía. Plantacións que de novo repoñíamos con novas subvencións e volta a comezar... era a pescada que se morde o rabo.

Como se pode comprobar nos documentos que adxunto, outra das actuacións a levar a cabo na comunidade era reparar por enésima vez a pista de Resúa a Graña, e aquí é onde comeza a historia, polo que teño que entoar un mea culpa, xa que en parte son culpable de que neses debates se falase do tema. Pero a diferenza doutros, o único interese que me moveu a facer iso era o ben común, en ningún momento o fixen para verme favorecido de rebote. Non debo dicir quen, porque como non esta gravado seguramente atoparíame sen testemuñas, e non quero que me pase como cando recollín en acta unhas verbas contra os veciños de Resúa e despois os compañeiros foron a desmentilas, incluso acompañados por unha testemuña quen nin comuneiro era e por suposto, no estivera na asemblea. Menos mal, que como nesa época xa se gravaban as asembleas,  os veciños puideron comprobar que o que reflectía a acta, era nin máis nin menos o que estaban escoitando na gravación. Logo si, viñeron as desculpas e que era un xeito de interpretalas cousas, pero se non fose por esa gravación, quen quedaba co cu ao aire, ante os veciños que me viron nacer, era eu.

Como ben digo, por ser nativo de Nebra e porque coñezo o noso monte perfectamente despois de patealo centos de veces dende pequeno de Nebra á Graña e viceversa, perdín a conta das veces que se reparou esa pista, porque ten dúas eivas: fortes pendentes e colle demasiadas correntadas. A última reparación acometera curiosamente a directiva que asinara o acordo e aínda que agora se ía dotar de máis aliviadoiros, na miña apreciación parecíame que era tirar de novo os cartos, por iso comentei coa xunta reitora buscala forma de renegociar ese proxecto coa Xunta, para dotala de aglomerado. Entendendo que deste modo duraría moitos máis.

Para elo invitamos a un funcionario da Xunta para que comprobase insitu, a miña proposta, xa que dende os despachos, non se ven tan ben os problemas. É o mesmo que asina este escrito, que me foi entregado polo presidente no Bar Universal e amosado tamén a un edil do PP, que neses intres se encontraba alí. Entre as causas polas que recomenda o asfaltado o funcionario comete un erro, supoño que inducido, porque era falso que esa pista fose: frecuentada diariamente (...) incluso por pais que levan ós nenos á escola.


Dende Medio Rural pedíusenos que falásemos co alcalde (Ramón Quintáns Vila) para que o Concello aportase a metade do presuposto. Mantivemos varias reunións con el e sempre nos expuxo o seu razoado punto de vista, que non podía poñerse a asfaltar unha pista forestal, cando moitos veciños do Concello e de Nebra, aínda non dispoñían de accesos asfaltados á casa. Por medio de Google Eart, mostrounos a infinidade de pistas que por mor da parcelaria, ten agora Nebra e as do resto do Concello.

Ao mesmo tempo que falabamos con Quintáns, tamén o facíamos cun representante político de Medio Rural, e nunha ocasión, díxonos que medísemos o largo da pista e que falásemos con unha empresa para que nos fixese un presuposto aproximado do que custaría. Aínda que a resposta final sempre era a mesma, que o Concello tiña que implicarse, porque na Consellería non había cartos. Non lembro exactamente aquel presuposto, pero nin remotamente se aproximaba a cantidade que se menciona agora.

Naquel intre o escrito non "afrouxou" o peto da Consellería e meses despois, estando aínda na directiva, pero lonxe de Nebra por motivos laborais, trouxeron á Delegada de Medio Rural para intentar "convencela" mediante "bailen" que presuntamente lle pegaron pola pista. Despois veu a miña expulsión e non souben nada máis, hasta que nunha entrevista no Concello con Manuel Tomé, a raíz da publicación da noticia que enlazo abaixo, comentoume que neste asunto se había enganado á Delegada dicíndolle que a pista era de uso diario polos rapaces da escola (vexase o anterior escrito) e que ela presuntamente descoñecía ese dato. Insisto, iso era falso e quen llo dixo ao funcionario e a Delegada, sabíao perfectamente. Aínda non fora de uso preferente cando fai máis de 30 anos, as rapazas das aldeas de A Graña, Balteiro, Noceda e Sabuceda viñan á Escola da Tarela en Porto do Son, porque baixaban e baixabamos andando polo antigo camiño.

Máis ou menos estas son as verbas que extraio da alcaldable do BNG: "Só para facer un inciso, houbo cousas tan irrisorias como vir douscentos e pico de mil euros para o asfaltado dunha pista, e no pleno non querelo simplemente porque tiñan que recollela obra... recollela e mantela despois. Se a alguén de nós nos regalan un piso e non no quere porque dentro de cinco anos o ten que pintar". De todo isto hai algo que non entendo, se se levou a pleno, como un goberno en minoría puido rechazala?

O máis normal, para min, por economizar, era non fundir aquel primeiro presuposto en tirar centos de camións de xabre, para despois pensalo de novo e querer asfaltala. Se se asfaltase nun principio, xa non facía falta o xabre, pola propia estrutura do terreo e porque chegaría só coa grava. Os políticos como teñen outras miras, cantos máis gastos, presuntamente máis comisións. A anécdota é que mentres estaba un goberno "amigo" no Concello non había cartos e logo, si. A política tenvos destas cousas.

Populares y socialistas sonenses achacan a intereses ocultos el asfaltado de una pista forestal en Nebra

O que me parece máis rechamante e que mentres se amosa tanta preocupación por esa pista, doutras pasase olimpicamente. Pola citada hoxe se pode circular perfectamente con un utilitario, por esta, con serias dificultades con unha motobomba.


No hay comentarios: