domingo, 19 de junio de 2011

Conclusións da Xornada “O réxime xurídico das comunidades de montes”

O monte precisa tantos coidados coma este bonsai
Asunto: Conclusións da Xornada celebrada no Pazo da Cultura de Pontevedra, sobre “O réxime xurídico das comunidades de montes”.

1ª.- O Monte Veciñal en Man Común debe de estar conceptuado xuridicamente como con “capacidade xurídica” e non “personalidade xurídica”, con elo evitaremos que estes territorios entren no tráfico comercial o poder dividirse ou venderse.

2ª.- A Xunta de Galiza acomete as actuacións en materia de axudas e subvencións cunha orientación que conleva a perda de rendibilidade dos montes veciñais, coa obsesión que dura moitos anos, de dirixir tódolos orzamentos hacia os incendios forestais e non a valorización do monte. Eliminan proxectos dinamizadores e de prevención de incendios con medidas de mellora das masas forestais.

3ª.- A Consellería do Medio Rural asume publicamente a súa incompetencia para asesorar e adoptar medidas revitalizadoras do mundo rural, preocupada pola maior ou menor incidencia dos incendios forestais como arma política.

4ª.- O borrador da futura Lei de Montes de Galiza, deixa entrever cara a unha nova Lei de Montes Veciñais en Man Común, medidas tendentes a privatización destas terras, contra a que presentaremos alegacións.

5ª.- As Comunidades de Montes supoñen un estorbo para as políticas especulativas do goberno galego no apoio a determinadas empresas e o capital transaccional: parques eólicos, liñas eléctricas, ....Polígonos industriais......

Pontevedra, 18 de Xuño de 2011.

Asdo.: Claudio Quintillán Vallejo
Secª. De Comunicación Social
Fonte orixinal: Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común

No hay comentarios: