lunes, 13 de junio de 2011

Loenzo, castigados por dous gobernos

Pista de Perceboi ó Curro
Non se sabe se é debido á crise ou a motivos «non declarados», segundo algúns medios, parece ser que Medio Rural cada vez destina menos fondos para limpalos montes. Se non estou errado, este ano as únicas axudas son só para facer rozas mecanizadas, coma se tódolos montes de Galicia fosen os da Terra Cha e tódalas comunidades, tivesen maquinaria para facer este tipo de traballo.

A redución de subvencións non é cousa de agora, xa aconteceu co bipartito ao deixar de subvencionalo Pronto Auxilio que cada ano coa chegada do verán creabamos moitas comunidades. En Nebra levábase creando dende o ano 1992 e xeraba entre cinco e sete postos de traballo durante cinco meses. O seu traballo consistía en facer rozas de seguridade en tempada baixa e na alta, encargábanse de vixialo monte e atacalos primeiros conatos. En xaneiro de 2006 en virtude dunha subvención concedida no ano 2005, compramos o coche equipado con unha motobomba de 400 litros, que nos serviu de gran axuda nese mesmo verán.

Coche ao que se-lle retirou dito equipo e ao contrario do que propuxen no seu día, xa había pedido presupostos, non se comprou un remolque para montalo nel e poder usalo en calquera emerxencia. Isto ten un nome: desidia.

Ollando a queixa da comunidade de montes de Loenzo, pódese entrever que a negación de subvencións non ten nada que ver coa cor do goberno de quenda. En cinco anos non viron ren, nin co bipartito do BNG e PSdeG-PSOE, nin co goberno do PP. Xa o di o refrán: «algúns nacen con estrela e outros nacen estrelados».
Os comuneiros de Loenzo deben asumir a limpeza dos montes desde fai cinco anos. A Consellería de Medio Rural leva desde 2006 sen conceder todas e cada unha das subvencións solicitadas pola entidade que preside Daniel Lorenzo para preparar os terreos comunais de cara á tempada estival, na que se prevé un alto risco de incendios.
A redución da contía das subvencións concedidas para este fin pola consellería que dirixe Samuel Juárez prexudicou seriamente aos comuneiros da comarca, que agora deben financiar case por completo.
Con todo, esta circunstancia non afectou á Comunidade de Montes de Loenzo, que leva un lustro sen recibir estas axudas. Daniel Abalo, presidente da entidade, non entende os motivos polos que lle son denegadas.
"Non recibimos nin un euro da Xunta de Galicia desde fai cinco anos", lamenta o portavoz dos comuneiros, que explica que os terreos de Loenzo sufriron con intensidade a onda de incendios de 2006.
Este ano volveron insistir e solicitaron 2.000 euros para a limpeza e mil para a roza. Tambien rexeitaron esta solicitude. "Temos que ocuparnos nós de financiar estas tarefas", lamenta Abalo.
De feito, a Comunidade de Montes de Loenzo investiu, durante este exercicio, un total de 24.000 euros, 17.000 para a limpeza e o resto para a roza. "A maleza está moi alta", explica.
Abalo lembra que fai cinco anos representantes da Xunta viñeron a Xiabre e prometeron un investimento dun millón de euros na limpeza dos montes vilagarciáns para axudar a paliar os incendios.
Dese diñeiro, Loenzo "non viu nin un euro". Pero a situación tampouco foi mellor co cambio de goberno. A Consellería de Medio Rural, que dirixe o popular Samuel Juárez, denegou todas as axudas solicitadas pola entidade que preside Daniel Abalo.
Pego o resto da noticia, porque cando o comuneiro que me veu buscar á casa para pedirme que presentase a miña candidatura para sacar a comunidade do impas que vivía e da que fun apoiado por claro caciquismo, e da que se caen agora outros dous, era a súa intención e a miña, propor aos comuneiros a compra dun tractor como fixeran os comuneiros de Baroña e poder ter nas medidas das nosas posibilidades unha cuadrilla máis ou menos permanente. Tamén me movín a pedir presupostos, pero o tema, coma case todos que propuxen, morreu aí.

Nin me considero o máis listo da comunidade, nin o máis parvo, os meus estudios non dan para máis, pero a miña intención era clara: beber das fontes doutras comunidades que con moito menos monte, están a anos luz da nosa en canto á creación de empregos.
Bamio > Outras comunidades que están á espera de coñecer como lles afecta a resolución da Xunta é a de Cea que, como cada ano, solicitou unha subvención para a roza do monte.
En Bamio a situación é similar á de Loenzo. Esta Comunidade de Montes xa hai anos que decidiu prescindir das axudas que concede a administración autonómica porque os requisitos das bases incrementaban os gastos máis que reducilos.
Por iso, este organismo decidiu pór en marcha unha iniciativa nova que pronto importaron os comuneiros de Catoira.
En primeiro lugar, fixéronse cun tractor apto para as tarefas de limpeza de montes. Despois, decidiron contratar a dúas persoas que durante seis meses empréganse a fondo para que o monte presente o seu mellor aspecto na tempada estival.
Un destes traballadores encárgase de levar o tractor, mentres que o outro fai o propio coa rozadora de man.
En Catoira, esta iniciativa permitiu crear cinco novos empregos. As comunidades de montes dan así exemplo de que realmente con menos se pode facer máis.
Texto orixinal: Diario de Arousa

No hay comentarios: