viernes, 8 de julio de 2011

Premio Sunshine Award


Dende Monte Pituco (Pornedo), colectivo que traballa a aprol da defensa e da conservación da riqueza natural, histórica e cultural do Monte Pornedo (Marín) fronte ás ameazas que pesan sobre el, tiveron a amabilidade de obsequiarme coa distinción do Sunshine Award 2011 do que me sinto sumamente halagado e polo cal agradezo este xesto con orgullo e reciprocidade. No meu caso é un premio que compartido con dúas bitácoras e recíboo non só con gratitude, senón tamén con moita ilusión, tomándoo como un novo estímulo para seguir mantendo este espírito polo que se me outorgou.

Cumprindo co establecido nas normas do premio, amais de amosala distinción na propia bitácora, paso a sinalar os doce lugares da Rede aos que quero facer participes desta distinción, o que será comunicado puntualmente aos interesados cos meus parabéns. Dado que o premio é limitado, non podo outorgarllo a todos os que me gustaría, aínda que debo recoñecer que outros que tiña na quiniela, xa o recibiron, polo que non tiña senso repetilos.

Velaí os meus galardoados co Sunshine Award 2011:

Xornal Certo
Xornal virtual do Barbanza e Noia, onde por moi insignificante que sexa a noticia, sempre teñen un oco para publicala.

CMVMC San Pedro de Muro
Unha directiva da que deberían beber algúns, porque son un libro aberto para os seus comuneiros e comuneiras.

Comunidade de Montes de Camboño
Outra comunidade veciña cos mesmos anhelos.

25 Aniversario IES Praia Barraña - Boiro
Crónica dun cuarto de século e algo máis. Mágoa que agora decaese un pouco trala marcha de Ramón Laiño.

República de Carnota
Fisicamente no País Vasco, pero co corazón na Galiza.

SOS Groba
A Groba Patrimonio Natural e Cultural: Pola Protección da Serra do Galiñeiro.

ガリシアへ行こう!/Imos a Xapon!
Dende abril ten un pouco parada a bitácora, pero ten mérito que un xaponés escriba en galego, mentres a xente de aquí renegue do noso idioma.

María García Esperón
Voz y Mirada, Antigüedad y Poesía.

Los Bloggers de Axena
Tanto en fotos como en vídeos, non hai bicho que se-lles escape.

Sangre de la Casía y del Barredal
Disque o seu fillo a meteu nisto, porque si lle falla a memoria aí queda reflexado, e que o seu xa son historias historias de abuelitas.

Moendo do revés
Di que moe do revés, pero outros comulgan con rodas de muíño.

Fonforrón
Non é unha bitácora ao uso, pero dálle voz aos veciños e veciñas de Porto do Son.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Para poder comentar só pido sentido e respecto.